NOVAS DIRECCIÓN

PROCESO ADMISIÓN 2024_25.

Todo alumnado que presentou solicitude de admisión neste centro para 1° ESO, 2° ESO, 1° BAC e 2° BAC foi admitido para o vindeiro curso escolar 2024-25.

Para o alumnado que fixo solicitude para 3° e e 4° ESO procederase a baremar.

As listas provisionais serán publicadas a partir do 25 de Abril na aplicación admisión alumnado e no taboleiro do centro en administración.

Para presentar as oportunas alegacións ábrese un prazo de 5 días hábiles a partir do día de dita publicación e as listas definitivas serán publicadas o 15 de Maio.

BECAS EUROLINGUA VERÁN 2024

Eurolingua Venairlanda® lanza a súa 11ª convocatoria de Bolsas Eurolingua para a realización de Cursos de Inglés en Irlanda de dúas semanas de duración durante o verán nun programa de inmersión todo incluído.

Constan dun lote global de 20 bolsas dirixidas a estudantes universitarios, de secundaria, bacharelato ou formación profesional cunha dotación orzamentaria achegada por Eurolingua Venairlanda na súa totalidade.

O programa está financiado ao 100% e inclúe:

  • Recollida no aeroporto e traslado ao aloxamento en función da idade e destino.
  • A data do curso será no verán, nos meses de xullo ou agosto .
  • Aloxamento en familia ou residencia/apartamentos en función da idade e destino.
  • Proba de nivel.
  • Programa de 20 clases de inglés semanais.
  • Material didáctico.
  • Programa de actividades culturais, visitas e excursións.
  • Certificado de aproveitamento do curso expedido polo colexio.
  • Supervisión por Monitores de Eurolingua en destino.
  • Teléfonos de emerxencia 24 horas.
  • Non incluído, pero xestionable gratuitamente, o billete de avión.

PRAZO DE SOLICITUDE DA BOLSA: Ata as 23.59 horas do 21 de abril de 2024.

  • Para comprobar requisitos pica aquí.
  • Se non cumpres requisitos pica aquí.

SOLICITUDE DE BOLSAS DE ESTUDO 2024-2025

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITUDE DE

BOLSAS DE ESTUDO MEC DO CURSO 2024-2025

Poderá ser beneficiario o alumnado que no ano 2024-2025 curse:

  • Bacharelato
  • Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para acceso a ciclos formativos de grao medio e superior, impartidos en centros públicos e privados concertados
  • Formación Profesional de grao medio e de grao superior
  • Ensinos artísticos: profesionais e superiores
  • Ensinos de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade a distancia
  • Ensinos deportivos
  • Estudos relixiosos superiores
  • Formación Profesional de Grao Básico
  • Ensino universitario: Grados, Máster...

PRAZO: 19 DE MARZO AO 10 DE MAIO DE 2024

Para máis información premede na ligazón: https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html

ENLACE CONVOCATORIA XERAL

SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA CURSO 2024/25

ADMISIÓN DO ALUMNADO CURSO 2024/25

DENDE O 1 AO 20 DE MARZO

  • Aplicación informática ADMISIONDEALUMNADO (para cubrir as solicitudes co manual de axuda).
  • Solicitude de admisión en papel.

Anexo II(Galego)    Anexo II(Castelán)

NOTA: Esta solicitude é para aquel alumnado do IES DE Brión que pretenda cambiar de centro educativo e para aquel que queira solicitar praza no noso centro.

O alumnado actualmente matriculado no IES de Brión que queira continuar os estudos neste centro non ten que facer reserva de praza, posto que esta faise de xeito automático.

CONVOCATORIA DE PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR

ENLACE:Convocatoria de probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de  formación profesional  para o ano 2024

Públícase o calendario para a solitude e realización das probas de acceso a ciclos formativos de Grao Medio e Grao Superior para o alumnado que non conte coa titulación esixida (ESO/BAC ou equivalentes respectivamente) e ademais conte cos seguintes requisitos:

CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO

Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan dezaseteanos ou os fagan no ano natural de realización da proba. +info


CICLOS FORMATIVOS GRAO SUPERIOR

Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a  eles e teñan dezanove anos ou os fagan no ano de realización da proba +info


NOTA: A solicitude a CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E GRAO SUPERIOR realízase no mes de xuño unha vez obtida a titulación correspondente, estas probas son para as personas que non conten coa titulación requerida para dito acceso.
Nieves Argibay
Orientadora

RESERVA PRAZA ALUMNADO CURSO 2024-2025 NOS CENTROS ADSCRITOS

Ábrese o prazo para a reserva de praza dos centros adscritos, (CEIP DE PEDROUZOS).

Deberán facer reserva de praza o alumnado de 6º Curso de seguir estudos no IES de Brión.

A presentación de solicitudes deberá facerse no CEIP de Pedrouzos ou a través da aplicación admisionalumnado.

PERIODO DE RESERVA DE PRAZA:  Do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro.

ACCESO WEB CONSELLERIA

REGULACIÓN DO USO DOS MÓBILES NOS CENTROS EDUCATIVOS

Ante a orde publicada pola Consellería de Educación regulando o uso dos dispositivos móbiles nos centros educativos, dende o IES de Brión pedimos a colaboración das familias de cara ao cumprimento desta norma, lembrándolles que para calquera comunicación que se teña que facer durante a xornada escolar, toda a Comunidade Educativa ten á súa disposición o teléfono fixo do centro.

Informamos que estamos a traballar na actualización das Normas de Organización e Funcionamento do centro para adaptarnos a esta nova normativa; lembramos así mesmo que  o incumprimento de calquera norma poderá levar a unha falta de conducta.

Poden premer aquí para ler a orde: Orde de 4 de xaneiro de 2024 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades sobre o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros educativos,  pola que se aproba o protocolo sobre o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros docentes de niveis non universitarios sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

AXUDAS ALUMNADO ESO

Publicada a convocatoria de axudas da administración municipal de Brión para o alumnado escolarizado ata a ESO nos centros de enseñanza pública de Brión neste curso 2023-24. Premer AQUÍ para acceder ao documento da convocatoria.

CALENDARIO AVALIACIÓNS 23_24

DATAS AVALIACIÓN 1ª AVALIACIÓN
AVALIACIÓN 1º BAC/ESO: do 14 ao 20 de Decembro de 2023
ENTREGA DE NOTAS: 21 de Decembro de 2023
AVALIACIÓN 2º BAC: 27 de Novembro de 2023
ENTREGA DE NOTAS: 29 de Novembro de 2023
DATAS AVALIACIÓN 2ª AVALIACIÓN 
AVALIACIÓN 1º BAC/ESO: do 15 ao 21 de  marzo de 2024
ENTREGA DE NOTAS:  22 de  marzo de 2024
AVALIACIÓN 2º BAC: 15 de Febreiro de 2024
ENTREGA DE NOTAS:  16 de Febreiro de 2024

DATAS AVAL. ORDINARIA- EXTRAORD.

AVALIACIÓN  ESO: 25 e 26 de Xuño de 2024
ENTREGA DE NOTAS 2º ESO:  27 Xuño de 2024
AVALIACIÓN  1º BAC: 10 de Xuño de 2024
ENTREGA DE NOTAS: 11 de Xuño
AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA 1º BAC: 25 de Xuño
ENTREGA DE NOTAS: 26 de Xuño
AVALIACIÓN 2º BAC: 15 de Maio
ENTREGA DE NOTAS:  16 de Maio
AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA 2º BAC: 13 de Xuño

*En cada avaliación, as notas publicaranse na aplicación Abalar o mesmo día que se entregan.

CALENDARIO ESCOLAR 2023-24

ORDE do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

ARQUIVO

Distribuir contido