BECAS EUROLINGUA VERÁN 2024

Eurolingua Venairlanda® lanza a súa 11ª convocatoria de Bolsas Eurolingua para a realización de Cursos de Inglés en Irlanda de dúas semanas de duración durante o verán nun programa de inmersión todo incluído.

Constan dun lote global de 20 bolsas dirixidas a estudantes universitarios, de secundaria, bacharelato ou formación profesional cunha dotación orzamentaria achegada por Eurolingua Venairlanda na súa totalidade.

O programa está financiado ao 100% e inclúe:

  • Recollida no aeroporto e traslado ao aloxamento en función da idade e destino.
  • A data do curso será no verán, nos meses de xullo ou agosto .
  • Aloxamento en familia ou residencia/apartamentos en función da idade e destino.
  • Proba de nivel.
  • Programa de 20 clases de inglés semanais.
  • Material didáctico.
  • Programa de actividades culturais, visitas e excursións.
  • Certificado de aproveitamento do curso expedido polo colexio.
  • Supervisión por Monitores de Eurolingua en destino.
  • Teléfonos de emerxencia 24 horas.
  • Non incluído, pero xestionable gratuitamente, o billete de avión.

PRAZO DE SOLICITUDE DA BOLSA: Ata as 23.59 horas do 21 de abril de 2024.

  • Para comprobar requisitos pica aquí.
  • Se non cumpres requisitos pica aquí.