NOVAS DIRECCIÓN
10ª CONVOCATORIA DE BOLSAS EUROLINGUA
Enviado por Dirección o Mar, 28/03/2023 - 18:30Eurolingua Venairlanda® lanza a súa 10ª convocatoria de Bolsas Eurolingua para a realización de Cursos de Inglés en Irlanda de dúas semanas de duración durante o verán nun programa de inmersión todo incluído.
Constan dun lote global de 20 bolsas dirixidas a estudantes universitarios, de secundaria, bacharelato ou formación profesional cunha dotación orzamentaria achegada por Eurolingua Venairlanda na súa totalidade.
O programa está financiado ao 100% e inclúe:
- Recollida no aeroporto e traslado ao aloxamento en función da idade e destino.
- A data do curso será no verán. Os menores de idade viaxarán o 23 de xullo ou o 6 de agosto (pendente de revisión). En caso de forza maior, o estudante poderá modificar a data do curso.
- Aloxamento en familia ou residencia/apartamentos en función da idade e destino.
- Proba de nivel.
- Programa de 20 clases de inglés semanais.
- Material didáctico.
- Programa de actividades culturais, visitas e excursións.
- Certificado de aproveitamento do curso expedido polo colexio.
- Supervisión por Monitores de Eurolingua en destino.
- Teléfonos de emerxencia 24 horas.
- Non incluído, pero xestionable gratuitamente, o billete de avión.
PRAZO DE SOLICITUDE DA BOLSA: Ata as 23.59 horas do 19 de abril de 2023.
SOLICITUDE DE BOLSAS DE ESTUDO DO CURSO 2023/2024
Enviado por Dirección o Lun, 27/03/2023 - 12:43ABERTO O PRAZO PARA SOLICITUDE DE
BOLSAS DE ESTUDO DO CURSO 2023/2024
Poderán ser beneficiarios os/as alumnos/as que no ano 2023/24 cursen:
- Bacharelato
- Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para acceso a ciclos formativos de grao medio e superior, impartidos en centros públicos e privados concertados
- Formación Profesional de grao medio e de grao superior
- Ensinanzas artísticas: profesionais e superiores
- Ensinanzas de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade a distancia
- Ensinanzas deportivas
- Estudos relixiosos superiores
- Formación Profesional de Grao Básico
SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA CURSO 2023/24
Enviado por Dirección o Mar, 28/02/2023 - 18:43
ADMISIÓN DO ALUMNADO CURSO 2023/24 DENDE O 1 AO 20 DE MARZO |
|
|
|
|
|
|
NOTA: Esta solicitude é para aquel alumnado do IES DE Brión que pretenda cambiar de centro educativo e para aquel que queira solicitar praza no noso centro.
O alumnado actualmente matriculado no IES de Brión que queira continuar os estudos neste centro non ten que facer reserva de praza, posto que esta faise de xeito automático.
AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS
Enviado por Dirección o Mar, 14/02/2023 - 22:20Orde do 18 de xaneiro de 2023 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023, destinadas ao alumnado de 1º e 2º de bacharelato dos centros docentes sostidos con fondos públicos, escolarizado nos cursos 2021/22 e/ou 2022/23, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento ED504B).
- O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. (ATA O 13 DE MARZO)
- A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se refire na convocatoria, atoparase na páxina web https://www.edu.xunta.gal/axudasle.
- Preme aquí para descargar a ORDE DO 18 DE XANEIRO DE 2023 (DOG)
CALENDARIO PROBAS DE MATERIAS PENDENTES CURSO 2022/23 (CONVOCATORIA FEBREIRO)
Enviado por Dirección o Lun, 23/01/2023 - 13:47ARQUIVO CALENDARIO EXAMES: ENLACE
CONVOCATORIA DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR
Enviado por Dirección o Sáb, 21/01/2023 - 14:28Convocatoria de probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional para o ano 2023
Públícase o calendario para a solitude e realización das probas de acceso a ciclos formativos de Grao Medio e Grao Superior para o alumnado que non conte coa titulación esixida (ESO/BAC ou equivalentes respectivamente) e ademais conte cos seguintes requisitos:
CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO
CICLOS FORMATIVOS GRAO SUPERIOR
Estas probas non implican a reserva de praza nun ciclo de Formación Profesional.
CALENDARIO AVALIACIÓNS CURSO 2022_23
Enviado por Dirección o Ven, 09/12/2022 - 20:49DATAS AVALIACIÓN 1ª AVALIACIÓN |
AVALIACIÓN 2º BAC: 28 de Novembro de 2022 |
ENTREGA DE NOTAS 2º BAC : 2 de Decembro de 2022 |
DÍAS: 19,20,21 de Decembro de 2022 |
ENTREGA DE NOTAS: 22 de Decembro de 2022 |
DATAS AVALIACIÓN 2ª AVALIACIÓN |
AVALIACIÓN 2º BAC: 23 de Febreiro de 2022 |
ENTREGA DE NOTAS 2º BAC : 24 de Febreiro de 2023 |
AVALIACIÓN 1º BAC: 7 de Marzo de 2023 |
ENTREGA DE NOTAS: 10 de Marzo de 2023 |
AVALIACIÓN ESO: 27,28,29 e 30 de Marzo de 2023 |
ENTREGA DE NOTAS: 31 de Marzo de 2023 |
DATAS AVALIACIÓN ORDINARIA |
AVALIACIÓN 1º BAC: 7 de xuño de 2023 |
ENTREGA DE NOTAS 1º BAC : 8 de Xuño de 2023 |
AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA 1º BAC: 19,20 e 21 de xuño de 2023 (*) |
AVALIACIÓN ESO: 21, 22 e 23 de Xuño |
ENTREGA DE NOTAS: 26 de Xuño (a partir das 12) |
(*) NOTA: Publicarase calendario de exames un vez realizada esta avaliación ordinaria.
PLAN DE RECUPERACIÓN DE PENDENTES 2022_23
Enviado por Dirección o Lun, 05/12/2022 - 20:18No seguinte arquivo infórmase de como os distintos Departamentos Didácticos levarán a cabo o plan de recuperación de materias pendentes.
ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 22-23
Enviado por Dirección o Mar, 08/11/2022 - 21:15Tendo en conta o Decreto 92/1988 do 28 de abril, o Decreto 324/1996 do 26 de xullo e a resolución do 19 de setembro de 2022 (DOG do 30 de setembro), convócanse ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN PARCIAL DOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR, nos seguintes sectores:
- PROFESORADO: renovación de 3 membros
- ALUMNADO: renovación de 2 membros
- PAIS/NAIS: renovación de 1 membro.
O proceso electoral, regulado e supervisado pola Xunta Electoral, será levado a cabo de acordoco calendario anexado.
Anéxase tamén, modelo de candidatura que tamén estará dispoñible na secretaría do centro.
Os censos serán publicados no taboleiro correspondente.
ARQUIVOS NOS SEGUINTES ENLACES: