Skip to Content

ESO

O alumnado do IES A Sangriña chega á Spring Week

Spring Week IES A Sangriña

Unha delegación do alumnado de 2º de ESO do IES A Sangriña xa está na Spring Week, unha estancia lingüística organizada pola Xunta de Galicia para que estudantes de centros públicos e concertados practiquen inglés durante unha semana. A actividade realízase en réxime de internado en Mondaiz e os rapaces e rapazas verán estimulada a práctica oral da lingua inglesa en contextos educativos máis amplos que o secolar. 

A Xunta indica que a metodoloxía desta actividade será "activa, lúdica e cooperativa e favorecerá unha aprendizaxe significativa por parte do alumnado". As actividades fomentarán a convivencia e xirarán arredor de temáticas de interese cultural, social, artístico e ambiental.

Aberta a matrícula na ESA (3º ESO)

A matrícula no 3º curso da ESO da Educación Secundaria para persoas Adultas encóntrase aberta até o día 8 de setembro, con horario de atención de 9:00 a 13:30.

DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DE TEXTO DO FONDO SOLIDARIO

O alumnado da ESO deberá devolver os libros de texto ao centro para a súa incorporación ao fondo solidario para o curso 2023-2024 nos días e no horario indicados. Se algún alumno ou alumna non rematou os exames dalgunha materia antes do día que ten que entregar os libros de texto, pode quedar co libro da materia da que se ten que examinar e entregalo ao rematar o exame.

CADRO DE PRAZAS VACANTES IES A SANGRIÑA CURSO 23-24

  Achégase pdf coas prazas vacantes do IES A Sangriña para o curso 2023-2024.

 

  A Dirección.

Distribuir contido


by Dr. Radut