Skip to Content

Bioloxía e Xeoloxía

Departamento de Bioloxía e Xeoloxía

Visita didáctica ao IGAFA (Illa de Arousa)

29/04/2013 08:20
29/04/2013 14:00
Etc/GMT+2

O pasado 29 de abril o alumnado de 1º Bacharelato que cursa Bioloxía e Xeoloxía visitou o Instituto Galego de Formación en Acuicultura, nunha saída organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía.
O Centro está dedicado a impartir varios ciclos formativos entre os que destacan os de acuicultura e de mergullo profesional. Visitamos as distintas instalacións onde levan a cabo os cultivos de distintas especies mariñas. Cultivos de moluscos bivalvos (ostra, ameixa), crustáceos (centola e lumbrigante), peixes (robaliza, rodaballo, linguado etc.), cultivos auxiliares (fitoplancto e zooplancto). A zona dedicada a acuariofilia, con acuarios tropicais e tamén de auga fría que conteñen especies moi características, e tamén fixemos un percorrido pola zona de mergullo recibindo información sobre os instrumentos que emprega o alumnado e as probas que deben pasar para cursar o ciclo: cámara hiperbárica, traxes secos, cámaras de descompresión e outro material de mergullo.

O alumnado participante no proxecto "Un Mar de Coñecemento" traballa a anatomía e a biotecnoloxía na identificación de peixes

O alumnado participante no proxecto "Un Mar de Coñecemento" dentro dos contratos-programa continúa profundizando no coñecemento do medio mariño.

Os alumnos e alumnas de 1º ESO estudaron as principais características anatómicas de dous peixes, a boga (Boops boops) e a cabala (Somber scombrus).

Por outro lado, o alumnado de 4º ESO desplazouse ó laboratorio de Xenética, dirixido por Paloma Morán, do Departamento de Bioquímica, Xenética e Inmunoloxía da Universidade de Vigo do Campus do Mar. Os alumnos e alumnas aplicaron a técnica da PCR (Reacción en Cadea da Polimerasa) para diferenciar dúas especies de peixes, o salmón (Salmo salar) e a troita (Onchorhynchus mykiss).

Se queres ver máis detalles visita o Blog de "Contratos-Programa" na nosa páxina web.

Reforestemos 2013. Programa Voz Natura, estratexia ReC.

07/02/2013 00:20
07/02/2013 14:00
Etc/GMT+2

O xoves 7 de febreiro de 2013, e por segundo ano consecutivo, realizamos unha reforestación con árbores autóctonas (100 carballos e 23 castiñeiros) na parcela cedida polos nosos colaboradores da Comunidade de Montes en Man Común de San Miguel de Tabagón e Pías (O Rosal) e grazas á participación no Programa Voz Natura “BUSCA ALTERNATIVAS”. A finalidade é levar a cabo unha estratexia ReC, isto é, reducir e compensar a pegada ecolóxica, esas 657 toneladas de CO2 emitidas polo centro o curso pasado, ademais de crear un espazo de lecer.

Os alumnos e alumnas participantes no proxecto "Mar de coñecemento" continúan co estudo do mar

O alumnado participante no proxecto "Mar de coñecemento" desenvolveu unha intensa xornada de estudo de varios aspectos relacionados co mar.

Consulta o Blog do proxecto. 

O alumnado de 1º de ESO diseccionou un polbo. esta especie de cefalópodo é a mais vendida na lonxa de A Guarda o que pon de relevo a importancia do seu estudo. Na disección puideron ver a organización interna dos seus órganos como as branquias, corazón, cerebro, aparello dixestivo e gónadas.

Distribuir contido


by Dr. Radut