Skip to Content

EPV/Debuxo

Departamento de EPV/Debuxo

Urban Art Project en Onda Cero

29/06/2017 13:00
Etc/GMT+1

De novo o Urban Art Project nos medios! Desta volta, foron entrevistados por Onda Cero, no programa Vigo en la onda.

Velaquí o podcast, poñede o minuto 26 e o segundo 45.

 

Urban Art Projetc na Radio Galega

28/06/2017 16:30
Etc/GMT+1

O alumnado e profesorado participantes no Urban Art Project, do que vos levamos a informar todo o curso, foi entrevistado onte pola Radio Galega, no programa de radio A Tarde. 

Podedes escoitar aquí o podcast, no minuto 48.

Urban Art Projet: vídeo final

16/06/2017 12:20
Etc/GMT+1

proxecto Urban Art Project, que involucrou ao alumnado de 3° de ESO A e aos Departamentos de Música, Plástica e Inglés durante mais dun trimestre, acaba de concluír co produto final, que, como sabedes, consistía na realización dun vídeo promocional da nosa vila.
Podedes ver o vídeoclip e algunhas imaxes da súa realización en diferentes localizacions da Guarda.
O pasado venres dia 16 tivo lugar no centro a presentación do videoclip coa asistencia do alcalde da Guarda, Antonio Lomba, e mais a concelleira de Cultura, Elena Baz.
Este proxecto superou todas as expectativas e tanto o instituto como o concello -os cales o apoiaron desde o comezo- amosáronse plenamente satisfeitos.
Queremos agradecer a Brais Martínez a súa colaboración na realización do vídeo, e a Nadia Vázquez a súa achega como gaiteira.
Parabéns a todas e todos os que fixestes posible este proxecto.

Contos do mundo

Contos do mundo é o título dun ilusionante proxecto levado a cabo este curso entre o CEIP e o IES A Sangriña e organizado polas respectivas Bibliotecas, do que vos levamos a falar estes últimos meses. Rapaces e rapazas do instituto convertéronse en contacontos e fixeron gozar ao alumnado do colexio, con relatos centrados en diversos países do mundo. Foi unha viaxe na que todos aprendemos, e que serviu para estreitar lazos entre estes centros irmáns.
Velaquí unha presentación que recolle os mellores momentos.

Alumnado de 4º de ESO visita o Aquamuseum de Vilanova de Cerveira

19/04/2017 10:00
Etc/GMT+1

Un grupo multidisciplinar de alumnos e alumnas de 4º de ESO, acompañados polo profesorado Mª Luisa Guerra e Juan Hermida, visitaron o Aquamuseum de Vilanova de Cerveira o pasado mércores 19 de abril.

Os alumnos e alumnas visitaron as instalacións do museo onde se poden ver as distintas especies de animais que poboan o esteiro do río Miño. Tamén se puideron achegar ás artes tradicionais de pesca de especies de enorme importancia económica nesta zona, tales como a anguía ou a lamprea.

A visita incluíu unha saída nunha embarcación polo esteiro onde puideron ver os distintos aparatos que os investigadores utilizan para o estudo do medio mariño (sonda multiparamétrica, botella Nansen ou mallas para plancton).

O esteiro do río Miño está a sufrir profundas transformacións que afectan á conservación do seu estado natural. A construción de encoros ao longo do río afecta á bioloxía das especies migratorias tales como o salmón, a anguía ou a lamprea. Tamén a introdución de especies alóctonas supón a desaparición das especies autóctonas e a diminución da biodiversidade. A presenza destas novas especies vese favorecida ademáis polo cambio climático que axuda ao desenvolvemento destas novas especies á vez que as especies adaptadas a estas augas se desplazan a latitudes máis ao norte en busca de augas máis frías.

Distribuir contido


by Dr. Radut