Skip to Content

Noticias TIC

Noticias relacionadas cas tendencias máis novedosas no que a internet se refire

Axuda TIC

Axuda TIC IES A Sangriña

No IES A Sangriña contamos cun espazo en Internet onde os e as docentes poden solicitar tanto a solución de problemas informáticos como axuda para a xestión da aula virtual do centro.

Para acceder a esta web, o profesorado só ten que ingresar no curso da aula virtual chamado  "ESPAZO PROFESORADO" e, dentro do mesmo, no apartado "PROBLEMAS INFORMÁTICOS E NO MOODLE". Aquí existen formularios predefinidos para:

  • Notificar incidencias informáticas.
  • Solicitar a creación de usuarios para novos alumnos na aula virtual.
  • Solicitar a creación de novos cursos na aula virtual.
  • Facer consultas relativas á aula virtual.

Para entrar no curso pulsa a seguinte ligazón: ESPAZO PROFESORADO

O IES A Sangriña colabora con “OpenStreetMap”

27/04/2015 16:00
27/04/2015 16:50
Etc/GMT+1

O próximo luns 27 de abril ás 16:00 o IES A Sangriña de A Guarda acollerá unha charla sobre o proxecto europeo Comenius “My community and history in OpenStreetMap” a cargo dos profesores Madalina Jonescu (Romanía) e Manfred Reiter (Alemaña),coordinadores do proxecto.

My community and history in OpenStreetMap” vense desenvolvendo dende o ano 2013 coa participación de Alemaña, Reino Unido, Turquía, Romanía e España, e entre os seus obxectivos está o de “mapear” as zonas de interés de cada comunidade, incluíndo non só datos xeográficos, senón tamén históricos e culturais. 

Nos últimos días o alumnado do IES A Sangriña realizou o “mapeo” do Castro de Santa Tegra e o Via Crucis en colaboración con alumnado procedente das localidades de Rm. Vâlcea (Romanía) e Saarburg (Alemaña), que están a visitar a nosa comunidade.

A charla abordará ademais temas como a labor do equipo humanitario HOT do proxecto en crises recentes como a do ébola en África Occidental.

VI Premio Galicia Innovación júnior

portada do diptico da convocatoria do concurso

Co lema "todo ten a súa ciencia" convócase o VI PREMIO GALICIA INNOVACIÓN JÚNIOR no que poden participar mozos e mozas con idades comprendidas entre os 12 e os 18 anos, ben de forma individual ou en grupos de 3 persoas como máximo.

Un grupo de profesores do IES A Sangriña da Guarda obteñen un premio nunha convocatoria de recursos educativos innovadores.

grupo de traballo

 

Distribuir contido


by Dr. Radut