Skip to Content

Secretaría

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2020

Convocadas axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2020, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos.

  • Prazo aberto do 27 de febreiro ata o 26 de marzo (ambos incluídos).
  • Alumnado destinatario: alumnado de centros públicos de Galicia que estea a cursar durante o curso 2019-2020, no réxime xeral, 1º, 2º, 3º ou 4º de ESO ou 1º ou 2º de bacharelato. 
  • Non se pode ter recibido outra axuda para o mesmo fin.
  • Requírese nota mínima en Inglés de Ben (6) no curso pasado.
  • Cómpre DNI en vigor.

Podedes ampliar información nos taboleiros de secretaría do centro. Ademais, a información sobre este programa, así como a aplicación en liña que se refire na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle 

Convocatoria: 

Probas para o título de bacharel para maiores de 20 anos

Ábrese o prazo da convocatoria da proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos. O prazo de presentacióndas solicitudes será entre o 27 de febreiro e o 12 de marzo de 2020.

Máis información en https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20200205_bacharel_20anos.pdf

Convocatoria adxunta. 

Probas para o título de graduado en ESO para maiores de 18 anos

Convocáronse as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro.

Os prazos de matrícula serán:

  • Convocatoria de maio: 16 ao 27 de marzo de 2020.
  • Convocatoria de setembro: 1 ao 18 de xullo de 2020.

Máis información en https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200205/AnuncioG0534-240120-0002_gl.html

CALENDARIO DE RESERVA E ADMISIÓN CURSO 2020/2021

SOLICITUDE DE RESERVA DE PRAZA PARA OS CENTROS ADSCRITOS:

  • CEIP Manuel Rodríguez Sinde.
  • CEIP As Solanas.
  • CEIP A Sangriña.

PRAZO DE SOLICITUDES: do 1 ao 17 de febreiro

A solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe

 

SOLICITUDE DE ADMISIÓN DE PRAZA PARA O ALUMNADO QUE VEÑA DOUTRO CENTRO E NON SEXA DE CENTROS ADSCRITOS:

  • CPR Padres Somascos.
  • CPR San José (HH Carmelitas).
  • CPI Mamnuel Suárez Marquier.
  • Outros centros.

PRAZO DE SOLICITUDES: do 1 ao 20 de marzo

O alumnado matriculado neste Centro ten garantida a súa permanencia, polo tanto, o cambio de curso non requirirá un novo procedemento de admisión, agás que coincida cun cambio de centro.

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS (CONVOCATORIA 2020)

INSCRICIÓN PARA A REALIZACIÓN DA PROBA:

  • CICLO SUPERIOR: 10-19 febreiro.
  • CICLO MEDIO: 2-13 marzo.

Todas as persoas solicitantes terán que empregar o asistente informático para a confección da solicitude para as probas de acceso aos ciclos formativos, dispoñible en http://www.edu.xunta.es/fp/probas, que xerará unha solicitude en formato normalizado que deberá presentar nun centro de FP.

Máis información:

  • Na páxina da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.
  • Na secretaría do IES A Sangriña.

Distribuir contido


by Dr. Radut