Skip to Content

Bacharelato

A delegación italiana xa está na Guarda

italia intercambio terni sangriña

O alumnado do Liceo Francesco Angeloni, de Terni (Italia), xa se encontra no IES A Sangriña.

Neste caso trátase das e dos estudantes que foron visitados polo noso alumnado de 1º de Bacharelato do pasado ano, que non puideron vir durante o curso 2023 - 2024 por problemas loxísticos. Agora, solucionados todos os pormenores, a delegación italiana xa se encontra entre nós e todos os rapaces e rapaces están xa aloxados cos seus correspondentes.

Onte, comezaron a coñecer a nosa terra gozando das fantásticas vistas que o Trega proxecta sobre o océano e dunha visita guiada ao noso castro celta, un dos conxuntos arquitectónicos máis visitados do país.

RECOÑECEMENTO AOS MELLORES EXPEDIENTES DA ABAU

O xoves 22 de xuño tivo lugar ou acto de recoñecemento aos mellores expedientes das ABAU de Galicia por parte da Universidade de Santiago de Compostela (USC), celebrouse no Multiusos Fontes do Sar de Santiago e foi transmitido a través da canle de youtube da USC.

Asistiron de forma presencial todos os estudantes que tiveron mellor cualificación na fase obrigatoria das ABAU (estudantes con nota igual ou superior a 9), acompañados dás súas familias, e entre elas estaban os nosos alumnos e alumnas Eva Rodríguez Sánchez, Pablo Coballes García e José Manuel Gómez Lomba, a quen queremos felicitar. Parabéns! Sodes un orgullo para o noso instituto!

PROCEDEMENTO DE RECLAMACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS OBTIDAS EN SEGUNDO DE BACHARELATO E MATERIAS PENDENTES DE PRIMEIRO BACHARELATO. IES A SANGRIÑA CURSO 22-23

Achégase pdf co procedemento para a reclamación das cualificacións obtidas en 2º de Bacharelato e en materias pendentes de 1º de Bacharelato para o presente curso 22-23.

A Dirección.

Alumnado de Economía visita o Banco de Alimentos de Vigo

O pasado 17 de marzo, o alumnado de Economía e Fundamentos de Administración e Xestión de 2º de Bacharelato realizou unha saída didáctica ao Banco de Alimentos de Vigo, onde colaboraron en tarefas de clasificación e puideron coñecer cuestións relacionadas co labor loxístico do banco.

Distribuir contido


by Dr. Radut