Skip to Content

Programas Internacionais e Intercambios

Reportaxe do intercambio co Lycée Jean Bart de Dunkerque

12/01/2016 08:00
19/01/2016 20:00
Etc/GMT+1
Reportaxe do intercambio co Lycée Jean Bart de Dunkerque (Francia), realizado por alumnado de 1 de bacharelato no pasado mes de xaneiro, dentro do Proxecto BODY.

SHORT MOBILITY FRANCE-SPAIN 2016 por

Dúas alumnas estudan no Collège Boris Vian de Dunkerque

13/01/2016 08:00
09/02/2016 20:00
Etc/GMT+1
Dúas alumnas de terceiro de ESO do noso centro, Lucía Braga e Uxía Vicente, están a estudar no Collège Boris Vian de Dunkerque (Francia) desde o pasado martes 12 de xaneiro. Son dúas rapazas de tan só 15 anos, con ganas de coñecer outros modelos educativos europeos, que inician unha nova etapa aproveitando as oportunidades que lles ofrecen os programas Erasmus +.
Esta mobilidade de estudantes está integrada no Proxecto Europeo BODY coordinado polo centro anfitrión, que aposta pola internacionalización e desenvolvemento das capacidades educativas e formativas dos nosos estudantes.

Intercambio co Lycée Jean Bart de Dunkerque (Proxecto BODY)

12/01/2016 08:00
19/01/2016 21:00
Etc/GMT+1

Fotos grupo

O pasado martes 12 de xaneiro de 2016, oito estudantes de primeiro de bacharelato emprenderon unha viaxe de intercambio co Lycée Jean Bart de Dunkerque (Francia).
Ademais das visitas culturais e da convivencia coas familias, realizaron diversas actividades deportivas e artísticas en relación coa temática do proxecto BODY: sesións de sofroloxía, ioga, acrosport, aerobic, lingua de signos etc.

Unha semana intensa chea de emocións!

Proxecto BODY

 

O IES A Sangriña participará durante os tres vindeiros cursos (período 2015-2018) xunto con centros de ensino de Francia, Portugal, Polonia, Italia, Reino Unido e Romanía, nun proxecto asociativo interescolar promovido pola Comisión Europea dentro do sistema Erasmus+.

O tema en torno ao que xira o proxecto é a reflexión sobre o corpo humano desde diversas perspectivas: físicas, emocionais, sociais, artísticas, nutricionais etc. A multidimensionalidade e a complexidade de relacións que o tema suscita está garantida e reforzada na colaboración que o noso centro recibirá do CEIP A Sangriña, do Centro Avelaíña, do Centro de Educación Especial San Xerome e da Residencia para a Terceira Idade "Monte Tecla". A colaboración e a implicación dos citados centros fai deste proxecto un marco convivencial e de integración no que traballan, participan e disfrutan a pé de igualdade tanto alumnos e alumnas de primaria e secundaria, persoas con necesidades educativas especias e os nosos maiores. As actividades programadas son de moi diversa índole: talleres de danza, exposicións, xornadas de convivencia, conferencias etc. Todo isto combinado con viaxes de intercambio que alumnas e alumnos do IES A Sangriña realizarán aos distintos países socios do proxecto.

Distribuir contido


by Dr. Radut