Skip to Content

Comisión de Convivencia

TITORÍA ENTRE IGUAIS

O pasado día 24 de marzo aprobouse no claustro o programa TEI (Titoría entre iguais) e que xa se está a desenvolver desde o segundo trimestre co alumnado de 1º e 3º ESO. O programa de “Titoría entre iguais” trata de sensibilizar contra o acoso escolar e promove un modelo de relación entre compañeiros e compañeiras baseado no respecto mutuo, a corresponsabilidade e a solidariedade. Alumnado de 1º de ESO será titorizado por un compañeiro ou compañeira de 3º de ESO, que estará preto del ou dela coa finalidade de axudalo na súa integración no centro, diminuír a súa inseguridade, resolver os conflitos mediante o diálogo, actuar como referente para a mellora da autoestima e diminuír os desequilibrios de forzas que orixinan a violencia e o acoso.

Ante as circunstancias actuais e debido a necesidade de continuar cos protocolos Covid, tivo que ser adaptado e o obxectivo para este curso é inicialo no centro con actividades de sensibilización e de convivencia dentro do grupo, a desenvolver nas sesións de titoría. Coa aprobación do claustro do dito program, o noso IES A SANGRIÑA entra a formar parte da gran Rede Nacional de centros TEI, na que están implantando o Programa de Andrés Bellido (psicólogo) creador deste método que se desenvolve en mais de 1000 centros de toda España para a mellora da convivencia, prevención da violencia e acoso escolar.

Para obter máis información sobre o programa TEI e o problema do acoso escolar, recomendamos o visionado do programa á carta de RTVE "Crónicas", dedicado ao acoso escolar.

O IES A Sangriña en negro

Contra as violencias machistas

O IES A Sangriña contra as violencias machistas

Concurso de ilustración para o 25 de novembro de 2018

Co gallo do Día Internacional contra a violencia de xénero, a Bibliotrega, o Equipo de Dinamización e Normalización da Lingua Galega e Igualdade e Convivencia do IES A Sangriña convocan de xeito conxunto un concurso de ilustración, co obxectivo de converter os deseños ganadores en adhesivos que se repartirán posteriormente entre toda a comunidade educativa.

A continuación deixámosvos as bases deste concurso e animámosvos a todas e todos a participar!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut