Skip to Content

Normalización Lingüística

Reportaxe do Certame de poesía Xela Arias

O pasado día 9 celebrouse o acto de homenaxe a Xela Arias. O poeta e profesor Carlos Negro ofreceu un obradoiro de poesía para alumnado de ESO. Tamén se encargou da conferencia sobre a obra de Xela que se ofreceu para o alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato. Despois da exposición do poeta un grupo de alumnos (Rosabel, Zaira, Óscar, Rocío, Andrea, Sheila) ofreceron un recital - homenaxe de poemas de Xela. Tamén participaron no recital artistas recoñecidos, o propio Carlos Negro, o cantor Tino Baz e o músico Alfredo Garrido.
Finalmente leuse a acta do xurado e entregáronse os premios aos xoves poetas que acudiron ao acto. Sara Martínez, do IES de Sanxenxo mereceu o primeiro premio na modalidade A e Óscar Rodríguez o segundo premio na mesma modalidade. Os dous leron as obras premiadas, que recibiron o emocionado aplauso dos asistentes.
Ao acto asistiron Valentín Arias, Amparo Castaño e
Lois Arias Castaño, aos que manifestamos o noso cariño e agradecemento.
O Certame de Poesía Xela Arias é organizado polo Equipo de Normalización Lingüística e pola Dirección do IES A Sangriña.

9 de xuño de 2010

17 de xuño de 2010: Teatro no IES A Sangriña

17 DE XUÑO ÁS NOVE DA NOITE

o TEATRO DO FALABARATO

do IES A Sangriña estrea:

 AQUÍ NON SE PAGA!

de DARÍO FO

Concerto das Letras Galegas


O concerto das Letras Galegas celebrouse o día 20 de maio no instituto. Participaron neste encontro poético-musical O Leo, Mini e Mero, Tino Baz, o grupo de pandeiretas Sae a Lúa, a xove artista do Rosal Alba Rodríguez, o alumnado do instituto e os profesores Alfredo Garrido e Nuria Vázquez.

O concerto foi unha festa da música galega, que mostrou a riqueza e a variedade da nosa cultura. O público asistente, numeroso e heteroxéneo, gozou e emocionaouse co espectáculo. Artistas e público manifestaron o orgullo de sermos herdeiros da rica cultura galega e tamén o compromiso coa defensa da nosa lingua

Obradoiro de improvisación teatral e clown


O obradoiro de improvisación teatral e clown tivo lugar os días 14, 15 e 16 de maio no IES A Sangriña. Participou alumnado do grupo de teatro e da Axenda 21. Profesor: Fran Rei de Culturactiva.

Distribuir contido


by Dr. Radut