Skip to Content

Normalización Lingüística

CONCURSO DE FOTO + DISFRAZ + LITERARIO

A Bibliotrega Magdalena Garabatos e o Equipo de Dinamización Lingüística do IES A Sangriña convídante a celebrar o Día do Libro con este concurso de fotografía literaria.

Só tes que disfrazarte dunha personaxe famosa dunha novela, conto tradicional, cómic... e sacar unha foto á que engadas unha frase en galego que sexa representativa do libro.

O premio elíxelo ti!

 

DÍA DO LIBRO 2022

CONMEMORAMOS O DÍA MUNDIAL DA POESÍA CO CERTAME "TIGRES COMA CABALOS"

No IES A Sangriña imos celebrar o Día Mundial da Poesía deste ano 2022 co Certame de poesía "Tigres coma cabalos". Esta actividade, organizada pola Bibliotrega Magdalena Garabatos e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e dirixida ao alumnado do noso centro, tamén servirá de homenaxe a Xela Arias, autora do poemario que dá título ao concurso.

Os poemas poderán enviarse até o propio día da conmemoración, o próximo 21 de marzo, ao correo electrónico sangrinha.edlg@gmail.com. As bases de participación completas poden consultarse na imaxe que ilustra esta noticia e no documento adxunto.

Non deixes de presentarte e conseguir o teu premio!

CONCURSO DE LETTERING POLO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

No IES A Sangriña queremos celebrar este 23 de febreiro, Día de Rosalía de Castro, cun evento moi especial; o noso primeiro Concurso de Lettering dedicado á fundadora da literatura galega moderna. Neste certame, o alumnado poderá mostrar toda a súa habilidade na arte de debuxar as letras dando forma aos máis fermosos versos da nosa grande poeta. O concurso está organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o premio é de 30€ en material de debuxo, escolar, deportivo ou en libros que escollerá o gañador ou gañadora. Os traballos poderán presentarse até o 3 de marzo no correo asangrinha.edlg@gmail.com.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut