Skip to Content

Bacharelato

INFORMACIÓN DE INTERESE PARA 2º DE BACHARELATO

  • O documento adxunto, elaborado polo Departamento de orientación, contén información sobre as datas relacionadas coas ABAU.
  • O xoves 19 realizarase a entrega de notas.
  • O xoves ás 10:00, no salón de actos, haberá unha reunión informativa sobre o proceso de matrícula nas ABAU e o acceso aos estudios universitarios.

PARABÉNS, CLAUDIA!

O xoves, día 24 de xuño, tivo lugar o acto de recoñecemento aos mellores expedientes das ABAU de Galicia por parte da Universidade de Santiago de Compostela (USC), celebrouse no salón de actos da Facultade de Medicina e foi transmitido a través da canle de Youtube da USC. Asistiron de forma presencial os 44 estudantes que tiveron mellor cualificación na fase obrigatoria das ABAU (estudantes con nota igual ou superior a 9,8), acompañados das súas familias, e entre elas estaba a nosa alumna Claudia Gómez Lomba, a quen queremos felicitar. Parabéns, Claudia! Es un orgullo para o noso instituto!

MATRÍCULA CURSO 2021/2022

PRAZOS DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA ORDINARIA 

Alumnado con todas as materias aprobadas en xuño ou con unha ou dúas materias pendentes para setembro en ESO.

  • 1º ESO: 25 e 28 de xuño.
  • 2º curso de CICLOS: 28 de xuño.
  • 2º de Bacharelato (diúrno e nocturno): 29 e 30 de xuño.
  • 1º de Bacharelato (diúrno e nocturno): 1, 2 e 5 de xullo. 
  • 3º e 4º ESO: 6 e 7 de xullo.
  • 2º ESO: 8 e 9 de xullo.

O alumnado con más de dúas materias pendentes para setembro deberá formalizar a matrícula despois da entrega de notas antes do día 10 de setembro.

HORARIO: de 9:00 a 13:30 horas. Tamén luns e mércores de 16:00 a 18:00 horas. 

Impresos de matrícula na conserxería. 

 

 

Reunión informativa do profesorado

Con motivo do anuncio feito pola CEUFP do reinicio das clases presenciais voluntarias para segundo de Bacharelato (e Ad) e segundo de ciclos FP Grado Medio e Superior e 2º FP Básica, convócase unha reunión informativa do profesorado de 2º Bacharelato que terá lugar o luns 25 de maio de 10:30h a 11.30h no salón de actos do centro e que terá como obxecto informar dos aspectos prácticos e organizativos cara ao reinicio das clases presenciais no IES A Sangriña para os ditos cursos  . 

Distribuir contido


by Dr. Radut