Skip to Content

Alumnado do noso centro gana o Rally Matemático de Galicia

28/03/2014 10:00
28/03/2014 14:00
Etc/GMT+1

Oito alumnos e alumnas de 2° ESO B do IES A Sangriña, acompañados pola súa profesora de matemáticas Carmen López Fernández,  acaban de ganar o Rally Matemático e Científico sen Fronteiras 2014. Logo de realizar varios exames, quedaron campións galegos e representarán a Galicia na final de Toulouse (Francia) que terá lugar o 23 de maio de 2014. Nos vinte e dous anos deste rally, esta foi a convocatoria coa participación máis alta, así que non resultou nada doado ganar o campionato.

Parabéns a todo o equipo! 

 



event | by Dr. Radut