Skip to Content

Curso de informática para pais e nais

O IES A Sangriña organiza o curso de
informática para pais e nais. Este ano, adicarase á internet, aprender cales
son os seus beneficios e os seus perigos coa finalidade de aproveitar os
primeiros e evitar os segundos.

O curso organízase dentro dos Contratos
Programa, un proxecto da administración educativa que ten por obxectivo, entre
outros favorecer a implicación das familias nas actividades educativas do
centro e que o IES A Sangriña ven desenvolvendo nos últimos 3 cursos
académicos.

O curso de informática desenvolverase en tres
días (25 de xaneiro e, 1e 8 de febreiro) de 20:30 a 22:00. A inscrición no
curso poderá facerse na conserxería do IES A Sangriña de 8:20 a 22:00, ata o 22
de xaneiro.



story | by Dr. Radut