Skip to Content

O conxunto instrumental do IES A Sangriña no acto de peche da III Mostra de teatro non profesional do Baixo Miño

O 26 de abril, xusto despois de rematar a representacion da peza AUTO DA HIBRIS tivo lugar un breve acto que serviu de peche para a 3ª Mostra de teatro Amador do Miño.

O departamento de Música do IES A SANGRIÑA, ven realizando unha intensa actividade dende fai cinco anos, primeiro organizando festivais de fin de curso e despois actuacións específicas con motivo das Letras Galegas, homenaxes a autores literarios, colaboracións cos departamentos de normalización lingüística, obradoiros de diferente índole como o conxunto instrumental ou de pandeireteiras.

Doutra banda, téñense realizado actividades culturais como viaxes e intercambios musicais con outras comunidades do Estado, sempre tendo como eixo central a música e o enriquecimento músico-humanístico.

O repertorio que o Conxunto Instrumental do IES da Sangriña

 interpretou no acto de peche foi:

-“Lela” Arranxo sobre a coñecida serenata de Daniel Alfonso Rodríguez Castelao.

-“No llores por mí Argentina” o tema central do musical Evita composta por Andrew Lloyd Webber.

-“African Song” Un arranxo sobre un tema popular Zulú.



story | by Dr. Radut