Skip to Content

RadioTrega


Este curso 2020-2021comeza un novo proxecto no IES A Sangriña: a RADIOTREGA. O proxecto, impulsado polo Equipo de Dinamización Lingüística do centro e coordinado polo profesor Kike Estévez, tentará poñer o noso alumnado en contacto co marabilloso mundo da radio, fomentando, por outra parte, a dinamización da nosa lingua entre a comunidade educativa. Ademais, coa creación de RadioTrega, participaremos no proxecto radiofónico “Ponte nas Ondas”, que propón traballos conxuntos entre escolares de Galicia e Portugal.

Este mes produciuse a gravación do primeiro “podcast” de RadioTrega, no que se realizou a presentación do proxecto por parte do alumnado do noso centro. Ademais, con este podcast comezou a nosa andadura no proxecto “Ponte nas Ondas”, pois participamos coa súa emisión no “Día Mundial da Radio”, que se celebrou o día 13 de febreiro de 2021. O programa desta semana, como non podía ser doutro xeito, está centrado na figura de Rosalía de Castro. 

Desde o Equipo de Dinamización Lingüística animamos a toda a comunidade educativa a participar neste proxecto colaborativo e expansivo que é RADIOTREGA.

Podedes acceder a RadioTrega desde esta ligazón: https://www.ivoox.com/pt/podcast-radio-trega_sq_f11177607_1.html

Xa levamos tres programas! Velaquí as ligazóns para que os poidades escoitar:

  1. Episodio 1. Benvidxs a RadioTrega: https://www.ivoox.com/pt/episodio-1-benvidxs-a-radio-trega-13-2-2021-audios-mp3_rf_65370269_1.html
  2. Episodio 2. Os programas de RadioTrega: https://www.ivoox.com/pt/episodio-2-os-programas-radio-trega-19-2-2021-audios-mp3_rf_65719732_1.html
  3. Episodio 3. Sempre Rosalía: https://www.ivoox.com/pt/episodio-2-os-programas-radio-trega-19-2-2021-audios-mp3_rf_65719732_1.html

 



story | by Dr. Radut