Skip to Content

Mobilidades FCT Erasmus+ en Portugal

08/05/2018 18:30
Etc/GMT+1
O Grupo de Dinamización de Actividades Internacionais do centro organizou un curso máis a súa participación nos programas europeos Erasmus+.
 
Este ano o programa estase a levar a cabo en Portugal, concretamente en Lisboa. Isto supón un enorme reforzo dos vínculos entre Galicia e Portugal e tamén serve para promover a circulación e o intercambio de traballadores entre ambas comunidades.
O proxecto deste curso pretende afianzar as habilidades intelectuais, sociais, profesionais e interpersoais do profesorado e do alumnado de formación profesional do IES A Sangriña.
 
Ata o de agora xa se realizaron oito mobilidades de alumnado de ciclos e dúas de FP básica. Todas elas son para cursar a FCT (Formación en Centros de Traballo). Asemade, durante este mes de maio dous docentes realizarán un "Job shadowing" nunha empresa de Lisboa, o cal enriquecerá a súa calidade profesional e mellorarán a súa comprensión do entorno económico do país, podendo así trasladar todos estes coñecementos á aula, beneficiando así aos estudantes que non puidesen participar nestre proxecto.
 
 
A coordinadora do proxecto, Teresa Álvarez, co director do centro Carlos Alonso e o alumnado participante de ciclo: Abigail Likos Aranda, Paula Vidal González, Iván Rodríguez Álvarez, Neftalí González Rivas, Alejandro Rodríguez Piñeiro, Daniel de Olveira Benedito, Pablo González Mirás e Manuel Ángel Silva Martínez.
 
 
Brian Rodríguez e Manuel Dorna, os dous alumnos seleccionados de Formación Profesional Básica.
 
Máis info aquí


event | by Dr. Radut