Skip to Content

VIAXE A TOULOUSE

22/02/2018 06:00
25/02/2018 22:30
Etc/GMT+1

O Departamento de Tecnoloxía organizou unha viaxe a Toulouse (Francia)
e á Cité de l'espace que tivo lugar dende o
xoves 22 de febreiro ata o domingo 25.

Nesta actividade participou o alumnado de 2º ESO (33 alumnos e alumnas
do centro + tres invitadas: Ana, Mariña e Aixa). O profesorado acompañante foi
Rosalina Domínguez Muíños, Pablo Varela Pardo e Javier Villaverde Vayá.

O xoves 22 de febreiro de madrugada sairon en autobús dende A Guarda
para chegar aos apartamentos en Toulouse cara as 22:30 da noite.

O venres realizaron a primeira visita, Aeroscopia, o museo aeronáutico de Blagnac e os hangares de
fabricación do Airbus 380.

 

Despois de xantar no centro comercial urbano de Blagnac, foron a
Toulouse para facer unha visita aos monumentos máis salientables da cidade: o
Capitole, a Igrexa de Saint Sernín e as beiras e pontes do río Garona.

A cea foi na Taverne Bavaroise, no centro de Toulouse, ámbolos dous días.

O sábado visitaron o obxectivo principal da viaxe, a Cité de l'espace, instalación adicada
íntegramente a mostrar a historia da carreira espacial e a conectar aos alumnos
coas últimas novidades das viaxes ao espazo.

 

 

O domingo 25 regresaron, parando a xantar preto
de Burgos e chegando á Guarda ás 22:30 da noite. Finalmente o luns de
volta a clase despois de vivir unha estupenda experiencia tecnolóxica, social e
persoal.

 

O alumnado participante realizou cinco actividades
para recadar fondos para pagar a viaxe:

*Venta de produtos navideños.

*Rifas dunha viaxe ás capitais europeas.

*Sorteo dunha viaxe a Cantabria (2 de maio).

*Sorteo dun lote de produtos da Comarca dos
Pirineos (nº premiado 994, non repartido, e novo sorteo realizado o día 1 de
marzo: novo nº premiado: 376).

*Sorteo de dúas tablets e un MP4 entre o
alumnado do instituto: números premiados nº4 (2ª reserva), nº 254 (1ª reserva),
nº 276 (tablet 2), nº283 (tablet 1) e nº 298 (MP4).

Grazas a todos por colaborar.

A información da organización da viaxe foi
recollida aquí, onde en breves publicarase un
pequeno vídeo, foto de grupo e unha enquisa para o alumnado participante.



event | by Dr. Radut