Skip to Content

Unha andaina pola astronomía

16/01/2017 16:00
Etc/GMT+1

O próximo luns día 16 visitará este centro un matemático e operador de telescopios que nos trasladará un pouco máis preto das estrelas. O noso conferenciante é Víctor Tilve, licenciado en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela, estudante no programa de doutoramento do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da mesma Universidade, e na actualidade traballa no Centro de Estudios de Física del Cosmos de Aragón.

Esta charla vai dirixida a alumnado de 1º e 2º de Bacharelato Científico e Tecnolóxico, dada a relación cos contidos dalgunhas das materias presentes no currículo destes cursos. O tema a tratar será un percorrido pola Astronomía, sen afondar en conceptos técnicos, así como unha breve introdución ao traballo que Víctor está a realizar no Observatorio Astrónomico de Javalambre (Teruel).

Ademais da información que se poida tratar na charla, tamén teremos oportunidade de satisfacer a nosa curiosidade mediante unha rolda de preguntas que, sen dúbida algunha, o noso conferenciante responderá de moi bo grao.

Desde o Departamento de Matemáticas animamos a todo o profesorado que se atope dispoñible a achegarse ata o salón de actos para participar desta charla que, de seguro, será moi entretida.

 



event | by Dr. Radut