Skip to Content

Campións do Rally matemático europeo 2016

19/05/2016 00:00
23/05/2016 00:00
Etc/GMT+1

 

O pasado 13 de maio, alumnos e alumnas de 1º e 4º de ESO participaron na final europea do Rally Matemático e Científico Sen Fronteiras 2016 que se celebrou na Universidade Paul Sabatier de Toulouse ( Francia) e resultaron os campións do Rally, nas súas respectivas categorías.

O alumnado ganador son Raquel, Noela, Álvaro, Carlos, David, Diego, Miguel e Víctor, de 1º de ESO, e Elsa, María, Diego, Gabriel, Manuel Ángel, Miguel, Néstor e Santiago, de 4º de ESO. Todo o proxecto estivo coordinado polos profesores de matemáticas Carmen López e Antonio Benito.

O exame constaba de dúas partes, unha primira que consistía na resolución de tres problemas en 20 minutos, e unha segunda parte cun só problema a contrarreloxo, cun tempo de 10 minutos. No caso de empate, o ganador sería o equipo que o resolvese en menos tempo.
Tanto o noso alumnado de 1º como lo de 4º realizaron ben todos os problemas e foron os primeiros en entregar o exercicio a contrarreloxo, así que foron os ganadores absolutos.

As probas realizáronse desde as nove da mañá ata as catro da tarde, e participaron centros de ensino de moitas nacionalidades como Francia, Túnez o Suiza, entre outros.

O noso alumnado partiu do IES A Sangriña o mércoles 11 de maio. Ademais de participar na proba matemática do día 13, aproveitaron esta experiencia inolvidable para visitar A cidade do Espacio en Toulouse e a cidad histórica de Carcassonne, entre outras actividades.



event | by Dr. Radut