Skip to Content

Events

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Xoves Febreiro 27, 2014 »
Xov
Start: 24/02/2014 08:00
End: 27/02/2014 22:30

O pasado mes de febreiro os rapaces de 3º ESO viaxaron a Madrid para participar nunha actividade de formación musical que leva organizando o Departamento de Música desde hai varios anos e que está destinada a promover e ampliar a formación musical e cultural do noso alumnado.

Nesta ocasión asistiron a dous musicais: El Rey León e Hoy no me puedo levantar. Paralelamente visitaron algúns museos e o Zoo-Aquarium, e percorreron algúns dos lugares máis emblemáticos da cidade, como o Madrid das Letras ou o Madrid dos Austrias.

Xa se está a converter nun clásico desta viaxe atoparse con algún personaxe famoso: actores, músicos... Nesta ocasión coincidiron co xogador de fútbol David Villa nun dos restaurantes do Zoo-Aquarium.

Coma todos os anos, os rapaces viñeron encantados coa viaxe. O Departamento de Música considera moi importante, polo tanto, manter esta actividade para os vindeiros cursos.

Os profesores responsables desta actividade foron Alfredo Garrido Navas e Nuria Vázquez García, que acompañaron ao alumnado durante cinco días moi intensos.

Start: 25/02/2014 12:00
End: 27/02/2014 12:20

 

cartel

 

Estes días está tendo lugar no pavillón do IES A Sangriña o I concurso de avións de papel. O certame está aberto a todo o alumnado e profesorado do centro.

A competición está tendo lugar durante o 2º recreo de 12:00 a 12:20. Hai dúas modalidades. “Distancia máis longa” e “maior tempo de voo”. Cada participante terá dereito a 3 lanzamentos por modalidade.

Rematada a fase de inscripción o número de participantes ascende a 46. Despois de realizar o sorteo para establecer a orde de participación, faise público a listaxe de participantes. Na relación de competidores adxunta aparece tamén o día en que terá que presentarse cada participante no pavillón. Se non dese tempo de que todos os participantes citados para un día competisen, quedarán automaticamente citados para o día seguinte.

Máis información en http://www.tecnosang13.blogspot.com.es/

Start: 27/02/2014 12:20
End: 27/02/2014 14:00

O pasado xoves 27 de febreiro de 2014 o alumnado de bacharelato tivo a sorte de poder asistir a unha charla impartida polo profesor da USC José Virgilio García Trabazo o único profesor de indoeuropeo de Galicia‒, titulada "Lingüística indoeuropea: reconstruíndo a prehistoria das nosas linguas".

charla

Distribuir contido


by Dr. Radut