Quen somos

A Escola Oficial de Idiomas de Lugo na súa extensión de Sarria é un centro docente público que imparte as ensinanzas de idiomas de réxime especial establecidas no artigo 59 da Lei Orgánica 2/2006 de 3 de maio, de educación (LOE). A organización e funcionamento das extensións recóllese no Regulamento Orgánico das Escolas Oficiais de Idiomas da Comunidade Autónoma de Galicia que establece o Decreto 189/2010, do 11 de novembro, desenvolvido pola Orde do 5 de agosto de 2011.

Durante o ano académico 2021-22, o idioma que se ofrece nesta extensión é o inglés. Neste curso contamos cun grupo de Básico A1, un grupo de Básico A2, dous grupos de Intermedio B1 en diferentes horarios, un grupo de Intermedio B2.1, un grupo de Intermedio B2.2 e un grupo de Avanzado C1.1.  

As aulas destes grupos impártense no IES Gregorio Fernández de Sarria.

Información de contacto: extension.sarria@gmail.com

Teléfono do IES Gregorio Fernández: 982 87 07 90

 

 

 

A EOI de Lugo, xunto coas demais escolas oficiais de idiomas galegas, pertence á Consellaría de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e fai parte da rede de EEOOII de todo o estado.

Proxectos

2020-21

Poetizamos

as aulas

2019-20

Os medios de

comunicación

2018-19

FalArte

2017-18

Alimentación e

saúde

2016-17

Viaxar