Orientación

Despois dos incendios

QUEREMOS CORES PARA O BOSQUE

O BOSQUE

DAS CINSAS

O PAXARO

DAS CORES

FIXEMOS ESTE MURAL NA ESCOLA DE PAZO

UNS POUCOS DÍAS DESPOIS DOS INCENDIOS

QUEIMOSE O MONTE

MORRERON PRANTAS PAXAROS E XENTE

CAEN AS FOLLAS... E OS DENTES!

Comezou o cole e agora parece que tamén chegou por fin  para quedar ....o OUTONO!

Con él chegan froitos exquisitos, paisaxes marabillosas... e descubrimos que podemos aproveitar os seus elementos para facer unha morea de cousas: bonecas coas casulas do millo, colares de castañas, debuxos coas follas que atopamos no patio... Mirade, mirade!

   

 

 

Este outono  parece que na nosa escola as follas non son o único que cae xa que  á nosa compañeira Aroa caeulle na hora da merenda o seu primeiro dente de leite!!

Ensinounos a todos e todas esta nova moi contenta e fixonos moita ilusión compartir con ela o seu "recén inaugurado" sorriso!

            

 

Lendo e explorando en Cruceiro

Tobías hoxe estivo na escola de Cruceiro que tamén se chama escola Rosalía de Castro. Dende as nove ata as  dez estivo na aula de Educación e Valores.

Logo estivo na aula dos maiores. Aquí deixo dúas fotos.

NA ESCOLA DE CRUCEIRO
Momento de lectura.
Seguindo a ruta da Balea Azul

Que aporta a investigación sobre o medio á formación dos alumnos e alumnas?

 

Na actualidade valórase que a calidade na educación vai unida á capacitación dos alumnos e alumnas para a resolución autónoma dos retos e opcións da  vida cotidiana. Por esto se dí  que os sistemas educativos deben facilitar nos alumos e alumnas "unha actitude aprendizaxe permanente ao longo da vida".

Estase a pasar dunha educación na que o principal eran os contidos, os coñecementos memorísticos moitos deles, e na cal correspondía ao mestre/a un protagonismo fundamental a unha educación na que os protagonistas principais son os alumnos e a finalidade principal da educación é a capacitación dos alumnos para coñecer de forma crítica. A LOE, no seu artigo 2. Fins da Educación, no punto K define como un fin da educación: A preparación  para o exercicio da cidadanía e para a participación activa na vida económica, social e cultural, con actitude crítica e responsable e con capacidade de adaptación ás situacións cambiantes da sociedade do coñecemento.

Podemos pois afirmar que por educar se entende sobre todo axudar aos alumnos e alumnas a actuar cada vez con máis autonomía, responsabilidade e sentido solidario, na sociedade e no mundo no que viven.

Non é concebible pois conseguir estes obxectivos educativos que procuran persoas capaces de exercer unha cidadanía responsable, cunha educación virada de costas á realidade e ao entorno no que viven os alumnos  e alumnas. Non se pode conseguir este obxectivo dende unha intervención educativa que ignore os valores, os logros  e os coñecementos dos entornos aos que pertencen os alummos e alumnas.

O estudio e a investigación do entorno aporta aos alumnos e alumnas:

  1. Coñecementos para actuar nel con autonomía e responsabilidade.
  2. Actitudes de compromiso para a mellora e transformación deses entornos
  3. Sentido de pertenza a colectivos que actúan e transforman o medio no que viven.

É IMPORTANTE A COLABORACIÓN DAS FAMILIAS NA E. INFANTIL?

 

Dende as familias podemos e debemos colaborar activamente na educación e no medre persoal dos nosos fillos. Debe preocuparnos a nosa aportación a esta tarefa e pensar que as posibilidades educativas dos nosos fillos e fillas van estar determinadas nunha porcentaxe importante pola colaboración que nós realicemos coa escola.

Contrariamente ao que se pensa, a etapa da Educación Infantil, é das máis importantes no desenvolvemento educativo dos nenos e nenas. Nesta etapa, os nenos e nenas maduran as capacidades que lles van posibilitar unhas aprendizajes posteriores satisfactorias:

- Adquiren o control do seu corpo: camiñan, saltan, corren, agarran, utilizan as mans para a realización de tarefas delicadas (debuxar, abotoar, vestirse, comer sos ...)

- Adquiren a capacidade plena da fala para pedir, contar, lembrar, comunicar.
 

- Adquiren as nocións básicas de organización da realidade exterior, aprenden a contar, a situar os obxectos no espacio (diante, detrás, arriba ..), a orientarse no tempo (antes, agora, ...)
 

- Aprenden a convivir a a compartir, para estar cos seus compañeiros e compañeiras, coas súas familias, con outros adultos, aprenden a saudar, a pedir disculpas, a comportarse de acordo ao momento e a o lugar onde están

En fin, a educación infantil constitue unha etapa formativa fundamental para os nosos fillos e fillas, e as familias debemos colaborar e implicarnos nesta tarefa, e pensar que os nenos e nenas non aprenden sós, a axuda do adulto é moi importante pois amáis de axudarlle a adquirir destrezas e aprendizaxes, amáis delo, dalle seguridade e confianza para enfrontarse ao entorno que debe coñecer e co que debe interactuar.

 

 

VISITAS AO C.E.I.P. A.D.R. CASTELAO E AO C.E.P. X.M. BREA SEGADE

Os alumnos e alumnas de 2º Educación Primaria das escolas de Vacariza, Quintáns, Rañó, Abuín e Pazo visitarán o C.E.I.P. A.D.R. Castelao o vindeiro venres día 11 de xuño.

E do mesmo xeito, o martes 15 de xuño os alumnos e alumnas de 3º Educación Infantil da escolas de Cruceiro e Cuvide e os alumnos e alumnas de 2º Educación Primaria das escolas de Outeiro e Capela, visitarán o C.E.P. X.M. Brea Segade.

 O obxectivo desta visita será entrar en contacto coa vida do centro no que continuarán a súa escolaridade no vindeiro curso 2010-2011, asi como coñecer aos compañeiros e compañeiras, profesorado, instalacións do centro, actividades que se realizan...

O que se pretende, fundamentalmente, é favorecer o proceso de acollida no novo centro e que a transición da etapa de Educación Infantil a de Educación Primaria ou do 1º ciclo de Educación Primaria ao 2º ciclo desta mesma etapa, en cada caso particular, sexá o máis positiva posible, e polo tanto os nosos alumnos e alumnas valoren esta transición positivamente, como unha fase máis, necesaria para o seu desenvolvemento persoal, social e escolar.

 

¡Grazas pola colaboración das familias nesta actividade, xa que sen elas non sería posible!

 

DOCUMENTOS ELABORADOS POLO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN NO CURSO 2009 - 2010.

A orientación escolar debe ser entendida como un proceso que inclue a toda a comunidade educativa, que debe garantirse dende as primeiras idades do alumnado, permitindo así a prevención e detección temperá das súas posibles dificultades, tanto no seu desenvolvemento persoal como da súa aprendizaxe.

O obxectivo fundamental será sempre o de acadar unha integración persoal, escolar e social para o noso alumnado, así como o desenvolvemento das súas competencias básicas.

Neste sentido cobran especial relevancia os documentos que a continuación se axuntan. Os cales foron elaborados no curso académico 2009 - 2010 e son empregados como unha guía da intervención que se leva a cabo dende o Departamento de Orientación do C.R.A. de Rianxo.

XORNADA DE CONVIVENCIA ENTRE O ALUMNADO DO C.E.I.P. A.D.R. CASTELAO E DO C.R.A. DE RIANXO

O vindeiro mércores 28 de abril, como se viña facendo en cursos pasados, o alumnado de 2º Educación Primaria do C.E.I.P. A.D.R. Castelao visitará algunha das escolas do C.R.A. de Rianxo. Concretamente, neste curso 2009 - 2010 as escolas acolledoras serán Rañó e Pazo.

 

O alumnado participante poderá compartir unha xornada de convivencia cos alumnos e alumnas que terán como compañeiros e compañeiras no próximo curso escolar, desenvolvendo diferentes actividades en conxunto.

¡DESEXAMOS GOZAR MOITO DESTA EXPERIENCIA TODOS E TODAS XUNTOS!

 

Distribuir contido