Da Escola de Rañó ao Parque Josefa Cerqueiras

Mapa google de Rañó

Os nenos e nenas da Escola de Rañó, veñen dende as aldeas de Rañó, Rial, Palleiro, Meiquiz, Or e  Igrexa.

A pista que pasa diante da Escola de Rañó, lévanos se nos diriximos á esquerda, ás aldeas de Or e Meiquíz, se nos diriximos a dereita iremos á aldea de Rañó. 

O camiño que leva dende a Escola ata a aldea de Rañó é moi rico en elementos patrimoniais,  diversos cruceiros e cruces, que antigamente constituían un vía crucis ou calvario, a Igrexa de Leiro, de estilo románico do século XII, o Centro Cultural Vicente Vidal, antigo edificio escolar, e o parque Josefa Cerqueiras con vistas  á contorna de Rañó e á  Ría da Arousa.

 

DA ESCOLA DE RAÑO AO PARQUE JOSEFA CERQUEIRAS

A ALDEA DE MEIQUIZ E O CAMPO DAS GRANEIRAS

PETROGLIFO DA FOXA VELLA