[Actividade recente]

Títuloarranxar por icona Tipo Nome Data de envio
Primeiro número de Historia. 1º Trimestre - Revista dixital Páxina Anónimo 04/03/2020 - 12:19
Historias pipaca 29/12/2008 - 01:33
Historias pipaca 29/12/2008 - 18:35
Historias pipaca 29/12/2008 - 18:37
Páxina pipaca 28/12/2008 - 17:35
Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar curso 2024-25. Páxina bggon 21/05/2024 - 11:43
AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS 2018 Páxina Anónimo 07/02/2018 - 14:40
FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2017/18. LISTAXES DEFINITIVAS ED. PRIMARIA Páxina Anónimo 17/07/2017 - 20:38

Localización

LOCALIZACIÓN

O noso centro está no lugar da Silva, no concello de Lousame, dentro da comarca de Noia, ao sur da provincia da Coruña.

O termo municipal de Lousame creouse 1836 con parroquias pertencentes ás antigas xurisdicións de Toxosoutos e de Noia, da provincia de Santiago. O seu nome tomouse do da parroquia onde se estableceu a casa consistorial e non coincide co de ningún núcleo de poboación. A capital municipal é Portobravo. O nome está amplamente atestado desde o século XII na colección documental do mosteiro de Toxosoutos: sancto Iohanne de Lausame, ano 1115; sancti Johannis Babtiste de Lausame, 1144; Lausamia, 1175; in territorio Pistomarchos sub aula sancti Johannis de Lausame, 1186; in villa Lausamia et in villa Cees sub signo sancti Johanni de Lousamia, 1198. O topónimo é un derivado colectivo de lousa, no seu sentido máis xenérico ‘lastra de pedra’, con orixe nun termo prerromano lausa, probablemente céltico, aquí co valor colectivo de ‘lugar abundante nesa clase de pedra’.  (Recollido de "Os nomes dos concellos da provincia da Coruña" - Real Academia Galega)

A Silva, s/n, 15214-Lousame

Teléfono: 881 866 801

Fax: 881 866 809

cpi.cernadas.castro@edu.xunta.es

 

 

A nosa localización exacta pódese ver nos seguintes mapas:

Mapa 1: Localización do CPI en Google Maps

Mapa 2:accesos recomendados para chegar ao centro

 

Mapa 3: fotografía aérea do C.P.I.

Distribuir contido