[Actividade recente]

O cambio de curso, ciclo, nivel ou etapa non requerirá un novo procedemento de admisión (salvo cambio de centro).

A solicitude de posto escolar será única e nela poderán relacionarse varios centros por orde de preferencia.

A admisión nun novo centro implica a perda do dereito de permanencia no centro precedente.

Para reservar praza, os pais/nais/titores legais presentarán o documento Anexo I do 1 ao 15 de febreiro.

Cando exista máis demanda que oferta de postos, a dirección avisará no taboleiro de anuncios do centro que os solicitantes deberán presentar a solicitude Anexo II xunto coa documentación xustificativa para baremar. Este impreso será facilitado gratuitamente no centro docente e tamén se poderá descargar da web.

A solicitude presentarase no centro que se solicita en primeiro lugar.

Na mesma solicitude os pais/nais/titores deberán dicir se desexan ou non praza no comedor.

Os interesados teñen dereito a que se lles expida unha copia ou resgardo con data e selo.

Para solicitar praza, o prazo será do 1 de marzo ao 31 de marzo, inclusive. Se o 31 de marzo é non lectivo o prazo prorrógase ó seguinte día lectivo.

Na solicitude débese manifestar se se opta a unha praza para alumnado con necesidades educativas específicas, achegando a documentación que acredite as circunstancias alegadas. No caso de alegar situación desfavorecida por factores sociais, económicos ou culturais achegarán informe os Servizos Sociais. 

Para presentar a documentación xustificativa dos méritos para a baremación no caso de centros con máis demanda que oferta de postos o prazo será do 1 ó 20 de abril ambos inclusive.

Realizada a baremación para a admisión publicarase no taboleiro de anuncios a relación do alumnado admitido e non admitido mediante listaxes ordenadas por orde de puntuación por criterios. Estas listaxes deberán publicarse con anterioridade ó 30 de abril e poderán ser obxecto de reclamación ante o consello escolar do centro nun prazo de 5 días.

Resoltas nese prazo, publicaranse as listaxes definitivas.

O alumnado que obteña praza nun centro distinto ao que lle corresponda segundo a área de influencia non terá dereito a ningún dos servizos complementarios gratuitos e sufragados pola Consellería de Educación.

O alumnado admitido formalizará a matrícula nestes prazos:
- Educación infantil e primaria
do 20 ó 30 de xuño
- Educación secundaria obrigatoria e bacharelato
ordinario do 25 de xuño ó 10 de xullo
extraordinario do 1 ó 10 de setembro

Se finalizado o prazo de matrícula non se formalizase esta decaerá o dereito á praza obtida.

O alumnado de ESO admitido en centros distintos ó de adscrición deberá solicitar ó seu centro de primaria un certificado no que conste a superación desa etapa educativa.
A dirección dos centros de ESO solicitará ás direccións dos colexios a documentación correspondente ó alumnado que formalizou a matrícula no centro que dirixe.

 

Para unha información máis detallada pódense consultar os seguintes documentos:

2007-03-15 DECRETO (Admisión de alumnos).pdf
2007-03-17 ORDE (Admisión de alumnos).pdf
2007-03-17 IMPRESO (Admisión de alumnos ANEXO I Reserva de praza).pdf
2007-03-17 IMPRESO (Admisión de alumnos ANEXO II Solicitude de admisión).pdf