[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
ACTA ASAMBLEA 13_09_24 ANPA pipaca 16/09/2024 - 14:10
CADRO ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ANPA pipaca 11/09/2024 - 08:58
SOLICITUDE PARA SER SOCIO DA ANPA ANPA pipaca 11/09/2024 - 08:51
MENÚ SETEMBRO 2024 Páxina gedepevi 06/09/2024 - 19:47
FALTA DE PROFESORADO ANPA pipaca 04/09/2024 - 13:20
Contacto co centro CPI Plurilingüe Cernadas de Castro. Páxina bggon 31/07/2024 - 10:39
Convocatoria de prazas no Servizo Lousame Concilia para o período lectivo do curso 2024/25. Páxina bggon 23/07/2024 - 08:46
Listaxe definitia do Fondo Solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar. Curso 2024/25. Páxina bggon 17/07/2024 - 10:25

Educación Secundaria

5 XUÑO DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

CELEBRAMOS O DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE COA RECOLLIDA DE PLÁSTICOS NO BOSQUE QUE RODEA Á ESCOLA.

GRAZAS A TODAS/OS POR PARTICIPAR CON ENTUSIASMO E SEN QUEIXAS!!

UNHA AXUDA MÁIS PARA O NOSO PLANETA

        E ISTO É O PLÁSTICO E MAIS O LIXO QUE

    CONSEGUIMOS RECOLLER NOS ARREDORES DO CENTRO 

 O GAÑADOR DO CONCURSO "CARTA Á TERRA" FOI LUCAS ARESTIÑO, DE 1º ESO A. VELAQUÍ SÚA CARTA.

INDUSTRIALIZACIÓN E SOCIEDADE EN ESPAÑA E GALICIA NO SÉCULO XIX

Visita de Núñez Singala

Este xoves, 16 de novembro, visitounos o sociolingüista Núñez Singala para falarnos da súa última achega, o libro Menú de enganos. Tiñamos moitas dúbidas sobre o conxunto dos microrrelatos que leramos durante estes meses e, coa súa axuda, fomos descifrando todos aqueles fíos que nos quedaran pendentes. Explicounos, de maneira moi amena, como xurdiron moitos dos contos do libro e tamén a razón do título. Dende o CPI Cernadas de Castro animámosvos a ler este libro e pescudar no mundo do engano. O resto das fotografías podédelas ver na galería de fotos.

CURTAS E VISITA HISTÓRICA

O pasado venres, 3 de decembro, os dous grupos de 2º ESO acudimos ao Coliseo Noela para asistir ao Festival de curtas que, todos os anos, organiza o concello da nosa vila veciña, Noia. Dende “Voltereta” ata “Alma” ou “A nena que non tiña unha orella”, todas nos pareceron interesantes ou, cando menos, entretidas.

REGUEIFAS UN ANO MÁIS

Os rapaces de 3º ESO púxemonos a regueifar. Ao comezo custounos, mais os vídeos de Benito Lobariñas e Josiño de Teixeira valéronnos de inspiración. Unhas mellores e outras peores deron como resultado o que a seguir tedes. Mirade o arquivo adxunto.


 

Distribuir contido