[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
BECAS E AXUDAS PARA ESTUDOS DE NIVEIS POSTOBRIGATORIOS Páxina pipaca 19/03/2024 - 18:55
8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER Historias pipaca 09/03/2024 - 20:14
Punto laranxa contra o acoso escolar Webform pipaca 07/03/2024 - 18:46
ANDAINA CONMEMORACIÓN DÍA DA MULLER Páxina pipaca 29/02/2024 - 13:36
ADMISIÓN ALUMNADO Historias pipaca 28/02/2024 - 13:51
MENUDA CAMPIONA! Páxina pipaca 27/02/2024 - 21:07
MENÚ MES DE MARZO Páxina gedepevi 22/02/2024 - 20:18
ENTROIDO Páxina pipaca 21/02/2024 - 10:28

6ºB

BOOKTUBE

Coñecedes o fenómeno dos "Booktubers"? Pois xa chegou ao Cernadas!

Os Booktubers son lectores insaciables. Gústalles moitísimo ler, devoran libros e máis libros pero, o que tamén lles gusta moito é... falar sobre os libros que len!

E como o fan? Pois a través de divertidos vídeos-reseña nos que nos contan o argumento do libro en cuestión, acompañándoo de comentarios, valoracións, datos curiosos e animándonos a desfrutar da súa lectura tanto como eles o fan.

Trátase dunha forma moi amena e actual de falar de libros e lectura, un hábito que está tan de moda coma o de gravar vídeos!

Se queredes ver aos nosos Booktubers de 5º e 6º en acción, podedes facelo accedendo ao noso Booktube, dentro do espazo Libroland, ou premendo na seguinte imaxe.

 

 

Traballo sobre os cinco reinos

Na materia de Ciencias da Natureza, os alumnos e alumnas de 6º B, en grupos de traballo, encargáronse de expoñer eles mesmos o que sabían sobre os cinco reinos nos que se clasificamos aos seres vivos.

Foi un traballo de investigación e exposición oral no que demostraron os seus coñecementos e tamén as súas habilidades comunicativas, ademais de desenvolver a capacidade de traballo en equipo.

Foi moi interesante!

 

AS MATEMÁTICAS SON ABURRIDAS E NON SIRVEN PARA NADA

O pasado 8 de Marzo o alumnado de 6º de Primaria, 3º e 4º de secundaria xunto co profesorado tivemos a oportunidade de asistir á charla temática AS MATEMÁTICAS SON ABURRIDAS E NON SERVEN PARA NADA dentro do ciclo de charlas "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC" que oferta a Universidade de Santiago aos centros educativos.

Nesta ocasión acompañounos Elena Vázquez Abal, profesora da Facultade de Matemáticas da USC, que ademais da súa labor docente e investigadora realiza unha importante labor divulgadora como podemos ver na súa páxina web: http://webspersoais.usc.es/persoais/elena.vazquez.abal/divulgacion/. Neste enlace podemos facernos unha idea da charla que disfrutamos no día da muller traballadora: https://vimeo.com/34773040. 

O alumnado e profesorado agradecemos á profesora Elena Vázquez Abal todo o que nos trasmitiu nesa sesión: gusto polas matemáticas, valores de superación e actitude positiva ante os retos vitais que nos podemos atopar. Por todo isto foi un gusto tela connosco ofrecéndonos unha fermosa lección matemático-vital.

XIROS, TRASLACIÓNS E SIMETRÍAS

Os rapaces de 6ºB fixemos un taller de matemáticas para traballar xiros, traslacións e simetrías. Aquí vos deixamos unha pequeniña mostra, esperamos que vos guste e vos animedes a facelo vós na casa, é moi sinxelo.

 

SUPERFICIES NOS DEPORTES

Hoxe, cinta métrica en man, dispuxémonos a medir algúns dos campos deportivos dos que dispoñemos no ximnasio; baloncesto, volei, badminton … Moita foi a coordinación que precisamos para medir largos e anchos dos distintos campos debuxados no ximnasio por non falar das áreas de tiro de baloncesto, miña nai que traballiños pasamos!

 

DESCONTOS NO SUPERMERCADO

Non hai como vivenciar experiencias para ter unha boa aprendizaxe, por iso os rapaces e as rapazas de sexto curso fixemos unha saída ao súper, para ver "in situ" como está o mercado...

 

Tratando de simular unha situación do máis real, levamos á práctica a aplicación dos "tantos por cento" traballados na aula e estudamos seriamente as ofertas naqueles productos que se atopaban con desconto xa que o presuposto do que dispoñíamos era limitado.

 

Programación 2015-2016

Boas:

Pinchando na imaxe podedes informarvos da programación de 6ºB para este curso.

Un saúdo.

CALCULAMOS ÁREAS E PERÍMETROS

Para aprender a calcular os perímetros e as áreas de polígonos utilizamos un tangram que fixemos nós mesmos.

Distribuir contido