DESCONTOS NO SUPERMERCADO

Non hai como vivenciar experiencias para ter unha boa aprendizaxe, por iso os rapaces e as rapazas de sexto curso fixemos unha saída ao súper, para ver "in situ" como está o mercado...

 

Tratando de simular unha situación do máis real, levamos á práctica a aplicación dos "tantos por cento" traballados na aula e estudamos seriamente as ofertas naqueles productos que se atopaban con desconto xa que o presuposto do que dispoñíamos era limitado.

 

Fixemos unha compra saudable tratando de respectar a pirámide de alimentación en tantas ocasións traballada na aula como podedes observar nas imaxes; aceite, auga, lácteos, pastas, arroz e non podían faltar uns poucos doces.

Artigos recentes

Contratos-Programa. Contido de proba hai 6 anos 47 semanas
Enquisas hai 6 anos 46 semanas
Tous les mêmes - Stromae hai 6 anos 46 semanas
Sommeil. Stromae hai 6 anos 45 semanas
ESCRITURA CREATIVA hai 6 anos 44 semanas