[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
BECAS E AXUDAS PARA ESTUDOS DE NIVEIS POSTOBRIGATORIOS Páxina pipaca 19/03/2024 - 18:55
8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER Historias pipaca 09/03/2024 - 20:14
Punto laranxa contra o acoso escolar Webform pipaca 07/03/2024 - 18:46
ANDAINA CONMEMORACIÓN DÍA DA MULLER Páxina pipaca 29/02/2024 - 13:36
ADMISIÓN ALUMNADO Historias pipaca 28/02/2024 - 13:51
MENUDA CAMPIONA! Páxina pipaca 27/02/2024 - 21:07
MENÚ MES DE MARZO Páxina gedepevi 22/02/2024 - 20:18
ENTROIDO Páxina pipaca 21/02/2024 - 10:28

6ºB

AMÉRICA DO NORTE POLÍTICA

América do Norte.

                                

ÁFRICA POLÍTICA

Aínda que este curso soamente traballaremos o relevo, a hidrografía e os climas dos distintos continentes, déixovos unhas imaxes dos mapas políticos destes para que lles botedes un ollo. O saber non ocupa lugar!

Hoxe toca África.

                            

 

A FAMILIA C

As nosas familias son únicas, e isto ímolo demostrar facendo as nosas propias versións do conto de Kalandraka "A familia C". 

Preme na imaxe para acceder ao conto.

 

FÓSILES

Para que a fosilización teña efecto, é necesario un enterro por sedimento, como nós non temos o tempo necesario para que se produza este fenómeno, utilizamos moldes e arxila para obter un resultado semellante.

XEOGRAFÍA MUNDIAL

Empezamos con novo tema en coñecemento do medio: A xeografía daTerra.

               

Aquí vos deixo algúns enlaces que vos poden ser útiles á hora de comprender e traballar o tema.

Preme nos diferentes números para acceder aos contidos.

Preme 1

BINGO

Como introdución ao tema das fraccións en matemáticas, xogamos ao Bingo.

 

 

VOLCÁN

Seguimos con Coñecemento do Medio, moito nos dá de si esta materia!

No tema 8 traballamos os volcáns, e aproveitando unha maqueta que tiñamos na clase e os nosos coñecementos previos sobre as reaccións químicas, fixemos que o volcán entrase en erupción.

AS CAPAS DA XEOSFERA

Que ben o pasamos facendo a Terra capa por capa!

       

Distribuir contido