[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
BECAS E AXUDAS PARA ESTUDOS DE NIVEIS POSTOBRIGATORIOS Páxina pipaca 19/03/2024 - 18:55
8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER Historias pipaca 09/03/2024 - 20:14
Punto laranxa contra o acoso escolar Webform pipaca 07/03/2024 - 18:46
ANDAINA CONMEMORACIÓN DÍA DA MULLER Páxina pipaca 29/02/2024 - 13:36
ADMISIÓN ALUMNADO Historias pipaca 28/02/2024 - 13:51
MENUDA CAMPIONA! Páxina pipaca 27/02/2024 - 21:07
MENÚ MES DE MARZO Páxina gedepevi 22/02/2024 - 20:18
ENTROIDO Páxina pipaca 21/02/2024 - 10:28

5ºA

Día da Muller

Polo Día da Muller o alumnado de 5º fixo un mural coa biografía dalgunhas mulleres célebres ao longo da historia.

Taller de Matemáticas II

Seguimos traballando as Matemáticas de xeito manipulativo. Nesta ocasión mediante unha táboa conversora de medidas de lonxitude, capacidade e peso. 

Fixemos un concurso no que gañou a illa Cupcake. 

 

Tarde de convivencia

Adecentamos xunto aos compañeiros de 5ºB unha zona do patio de Primaria, plantando distintas flores de tempada. Entre todos colaboramos: fixemos buracos, plantamos, limpamos a zona, regamos... 

Rematamos a tarde xogando xuntos.

Despedimos a Adrián

Adrián é o mestre en prácticas que nos acompañou estes dous últimos meses. 

Chefs

Para rematar a unidade de medidas de lonxitude, peso e capacidade, realizamos un obradoiro de repostería xunto aos compañeiros de 5ºB. Tivemos que seguir as instruccións e fixarnos á hora de pesar os ingredientes ademais de atender a cantidade que traian os paquetes.

Pasámolo moi ben. Velaquí  unha mostra da nosa experiencia.

 

 

Medimos distintas lonxitudes

Comezamos unidade de forma experimental.

Refraneiro meteorolóxico.

Estudando o tema do clima, elaboramos un refraneiro meteorolóxico dos meses do ano. Pedímoslle axuda as familias e investigamos na Internet, Analizamos o significado dos refráns e fixemos un debuxo representativo.

Coro góspel

Este Entroido adicouse aos artistas. O alumnado de 5º disfrazouse de coro góspel.

Os coros de góspel surxiron nas igrexas afroamericanas, cantando música relixioxa. Na actualidade, é un xénero músical dominado polo uso dos coros e unha excelente harmonia.

Distribuir contido