[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
LIBROS DE TEXTO _CURSO 2024_25 Páxina pipaca 12/07/2024 - 13:14
Listaxe provisional das axudas do Fondo solidario de libros de texto e vales para material. Curso 2024/25. Páxina bggon 12/07/2024 - 07:49
Matrícula Educación Primaria Historias pipaca 25/06/2024 - 20:59
Matrícula Educación Infantil Historias pipaca 25/06/2024 - 20:50
Matrícula ESO Páxina pipaca 25/06/2024 - 13:11
AS MINAS DE SAN FINS Páxina pipaca 24/06/2024 - 16:31
VEXO VEO XACOBEO Páxina pipaca 24/06/2024 - 10:14
Concurso Xornalismo na Escola de La Voz de Galicia Historias pipaca 17/06/2024 - 15:17

5ºA

As Matemáticas do Guernica

Na área de Plástica estivemos investigando e lendo sobre o Guernica. Un dos datos que nos chamou máis a atención foron as dimensións do cadro (3,49m x 7,76m).


Aproveitamos o traballo cos decimais en Matemáticas, para medir e crear as dimensións reais do Guernica cun cordón.


 



Guernica

Este ano o 30 xaneiro, Día da Paz, traballamos o cadro do Guernica.

Aproveitamos que o PDI deste ano está adicado aos artistas para  traballar este cadro tan representativo. Elaboramos unha gran peza en colaboración cos compañeiros de 5º e 6º.

 

 

Experimentos cos sentidos

Voltamos ao laboratorio para experimentar cos sentidos.  

Fixemos tres prácticas:

-1ª: Tapamos os ollos e o nariz para probar distintos aliementos, e así comprobar se os recoñecíamos.

-2ª: Cuns bastonciños probamos de 4 vasos, onde tiñamos que adiviñar con que sabor ( doce, salgado, amargo ou ácedo) se relacionaba.

-3ª: Tiñamos uns saquiños con algo dentro e debiamos adiviñar do que se trataba usando o olfacto.

 

 

Maqueta do aparato respiratorio.

Na área de Naturais estamos estudando os distintos aparatos que conforman o corpo humano. Nesta ocasión, fixemos un maqueta do aparato respiratorio con materiais de refugallo.

Velaquí unha mostra do proceso.

 

Taller de Matemáticas

Este  curso comezamos a facer un taller de matemáticas manipulativas, relacionado cos contidos de cada tema.

Traballamos coas pezas de LEGO os números primos e compostos.

Con cartolinas traballamos as fraccións. Tivemos que repartir a unidade en partes iguais cada vez máis pequenas, e despois puidemos comprobar a equivalencia entre algunhas delas.

Botade unha ollada!!!!!!!!!!!!!!!!

 

 

 

Primeira visita ao laboratorio

Visitamos por primeira vez o laboratorio cos nosos compañeiros de 5ºB. Fomos usar o microscopio e a lupa binocular. No microscopio vimos unha célula vexetal, concretamente a dunha cebola, e na lupa binocular vimos auga estancada e as esporas dun fento.

Quedamos abraiados!!

 

Magosto

Saboreamos a Lúa

Estudamos as fases da Lúa coa axuda de galletas. Fixémolo en 4 pasos.

1º Separamos as galletas en dúas

 partes.

2º Repartimos a crema das galletas.

3º Puxémoslle os nomes as distintas fases.

4º Por último saboreamos a nosa creación.

Velaquí a mostra do noso traballo.

 

Distribuir contido