C. Sociais

Ilustrando España

Despois de estudar a xeografía política de España, como tarefa final o alumnado por parellas tentoru representar a través de debuxos  a identidade das distintas comunidades autónomas, atendendo a súa literatura, gastronomía e folclore.



Sistema solar

Nesta ocasión para aprender dun xeito máis manipulativo o alumnado fixo un lapbook sobre o universo e unha maqueta do sistema solar.

Lapis ao centro en sociais.

Os rapaces colocan os lapis ao centro e por quendas cada neno realiza un ejercicio en voz alta, os demais o corrixen ou amplían a información. Logo collen o lapis e escriben a resposta consensuada. O turno pasa o seguinte compañeiro. Aquí traballamos os sectores, as profesiones e profesionais.

1,2,4 en sociais.

No tema de sociais de profesión e sectores analizamos a elaboración dun iogur dende o sector primario ata o terciario.

Entroido

Fai uns días festexamos o Entroido, estivemos traballando nos nosos disfraces. A temática do centro elexida foron As Cilivicacións e Culturas. As aulas de 2ºA e 2ºB decantámonos polos africanos. Este foi o resultado.

EXCURSIÓN: Minas de San Finx

Un bo xeito de traballar a localidade é visitando lugares que pertencen á súa historia.

FACEMOS UN MURAL

Traballamos moito neste tema de ciencias, ata fixemos un mural coa información que recadamos na casa. Despois usámolo para responder unhas preguntas relacionadas cos municipios de Noia e Lousame.

Refraneiro meteorolóxico.

Estudando o tema do clima, elaboramos un refraneiro meteorolóxico dos meses do ano. Pedímoslle axuda as familias e investigamos na Internet, Analizamos o significado dos refráns e fixemos un debuxo representativo.

Distribuir contido

Artigos recentes

Contratos-Programa. Contido de proba hai 6 anos 34 semanas
Enquisas hai 6 anos 33 semanas
Tous les mêmes - Stromae hai 6 anos 33 semanas
Sommeil. Stromae hai 6 anos 32 semanas
ESCRITURA CREATIVA hai 6 anos 31 semanas

uid){ print l($user->name,'user/'.$user->uid); print " | "; print l(t('Logout'),'logout'); } else{ $options = array(); $options['query'] = drupal_get_destination(); print l(t('Login'),'user/login', $options); if(variable_get('user_register',FALSE)){ print " | "; print l(t('Register'),'user/register'); } } ?>