[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
BECAS E AXUDAS PARA ESTUDOS DE NIVEIS POSTOBRIGATORIOS Páxina pipaca 19/03/2024 - 18:55
8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER Historias pipaca 09/03/2024 - 20:14
Punto laranxa contra o acoso escolar Webform pipaca 07/03/2024 - 18:46
ANDAINA CONMEMORACIÓN DÍA DA MULLER Páxina pipaca 29/02/2024 - 13:36
ADMISIÓN ALUMNADO Historias pipaca 28/02/2024 - 13:51
MENUDA CAMPIONA! Páxina pipaca 27/02/2024 - 21:07
MENÚ MES DE MARZO Páxina gedepevi 22/02/2024 - 20:18
ENTROIDO Páxina pipaca 21/02/2024 - 10:28

2ºA

Visita Rasi

 Fai uns días tivemos unha visita moi especial; o esquío Rasi. Bailou e xogou con nós e trouxonos uns agasallos: un caderno para colorear e unha cestiñas con ovos de chocolate para celebrar a Pascua. Fíxonos moita ilusión coñecelo!

 

Xardineiros

Con motivo da chegada da primavera os nenos/as plantaron flores nos xardíns do colexio. Repasamos que necesitaban as plantas para vivir e pasaron unha tarde de convivencia moi divertida.   

Wassily kandinsky

Proxecto documental integrado: Defíneme artista!

 A clase de 2ºA  estudiou a vida e obra de Wassily  kandinskiy, un artista que pintou o primeiro cadro de arte abstracta da pintura. 

 

ENTROIDO 2016

 

Este ano a temática do desfile do Entroido eran os artistas. A nosa clase foi de pinceis e bailamos unha divertida canción xunto cos nenos/as de 2ª B.  Pasámolo moi ben!

Excursión a Apípolis

Este ano, como excursión de fin de curso, o alumnado de 1º e 2º de primaria fomos a Apípolis, un Centro para a Comprensión das relacións entre os seres humanos e as abellas. onde aprendemos moitas cousas interesantes das abellas, a importancia que teñen na conservación do medio... así como os diferentes estamentos nunha colmea (raíña, obreiras...), a facer galletas de mel, a facer candeas coa cera das abellas...

Para ver todas as fotos fai dobre clic na primeira.

 

programación 2ºA

A programación de 2º A relativa a este curso 2014-15 podedes vela no seguinte arquivo

Taller de cociña de terror

Con motivo da celebración do Samaín hoxe 30 de outubro, @s nen@s de 2ºA levamos a cabo un taller de cociña de medo. Cada un elaborou a súa propia merenda da que despois demos boa conta. Fixemos arañas, ollos ensanguentados, momias, tumbas, escobas de bruxa e o que máis nos gustou a todos dedos cheos de sangue. Deixamos unha fotiño para que vexades que ben o pasamos.

Distribuir contido