![]() |
![]() |
Responder ó comentario |
Proxecto documental integrado: Defíneme artista! A clase de 2ºA estudiou a vida e obra de Wassily kandinskiy, un artista que pintou o primeiro cadro de arte abstracta da pintura.
Para poder entender o que representaban as súas obras cheas de formas e cores fixemos uns "arteollos" moi especiais a través dos cales se pode ver doutro xeito a arte.
Intentamos facer un cadro abstracto con diferentes materiais mentres escoitábamos música de Schoenberg ; como a él lle gustaba. Tamén fixemos a nosa versión do cadro "Negro y Violeta". Así foi como quedaron os nosos cadros!
|
|||