[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
MENÚ FRANCÉS Páxina gedepevi 22/05/2024 - 13:27
Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar curso 2024-25. Páxina bggon 21/05/2024 - 11:43
NOFC Páxina pipaca 06/05/2024 - 11:52
MENÚ MES DE MAIO Páxina gedepevi 30/04/2024 - 14:02
Calendario de exames do alumnado con materias pendentes. MAIO 2024 Páxina gedepevi 29/04/2024 - 15:20
VISITAS A SANTIAGO Album pipaca 23/04/2024 - 17:44
FIO DE ARIADNA II Artigo do blogue susirey 09/04/2024 - 09:31
MENÚ MES DE ABRIL Páxina gedepevi 30/03/2024 - 11:47

Presenza do CPI Cernadas de Castro na XII Olimpiada Matemática Galega

O pasado venres 16 de abril de 2010 os alumnos  de 2ºESO Nuria Miguéns Romero , Steven Castro Nieto e Daniel Paradela  Dosil acudiron á fase de zona da Olimpiada Matemática Galega. A proba celebrouse na Escola de Maxisterio da Universidade de Santiago de Compostela e  constou de 5 problemas cunha duración total de 2 horas para a súa resolución.A Olimpiada Matemática Galega é unha competición entre estudantes de toda Galicia que ten por obxectivo fundamental  estimular o estudo das matemáticas e desenvolver o gusto pola resolución de problemas.Esta competición consta de tres fases, unha primeira fase de zona, na que cada centro pode enviar como máximo 2 alumnos por cada grupo de 2ºESO. Desta fase clasifícanse 40 estudantes que participarán máis tarde  na fase final. Este ano  celebrouse  en Vigo, o 14 de maio, nas instalacións do IES Manuel Antonio e do Centro Residencial Docente. Por último, os tres alumnos seleccionados na devandita fase poderán asistir á fase estatal que este ano se celebrará en Palma de Mallorca, do 24 ao 28 de xuño de 2010.Parabéns ao noso alumnado pola súa participación e polo seu entusiasmo .