Como vén sendo habitual nestes últimos anos, os alumnos de 3º ESO realizamos, neste mes de maio, a ruta rosaliana. Comezamos no punto 3 da dita ruta e rematamos no 1, é dicir onde naceu. En cada lugar que visitamos lemos un poema relacionado con aspectos da súa vida. Desta vez non puidemos visitar os restos da nosa ilustre escritora, o Panteón de Galegos Ilustres; cuestións burocráticas alleas a nós impedíronnolo. Esperamos que para o ano poidamos rematar aí a ruta. Se queredes ver máis fotos do que fixemos no día, ide á galería desta mesma páxina, aí atoparedes todo.
|
|||