Novos cursos de Formación para Desempregados que se van desenvolver no noso centro. Animádevos!!!

Novos cursos de Formación para Desempregados que se van desenvolver no noso centro. Animádevos!!! Sonrisa
MAMR0308 - Mecanización de madeira e derivados. 15 prazas.
IMAQ0108 - Mantemento e montaxe mecánica de equipamento industrial. 15 prazas
Se estades interesados contactade co INEM ou ben enviadenos un correo electrónico a: cifp.ferrolterra@edu.xunta.gal cos vosos datos de contacto.
A proba de selección dos candidatos será o día 17 de Febreiro ás 16:00 no CIFP Ferrolterra.

Olimpiada Cultural 2022

f  f 

O vindeiro luns, 7 de febreiro de 2022, comeza a 22ª edición da nosa tradicional OLIMPIADA CULTURAL, un concurso que organizamos na biblioteca do noso centro, no que durante todo o mes de febreiro haberá cada día preguntas, xogos de pistas e xogos de inxenio para os equipos, que compiten por conseguir os premios finais para os gañadores. Neste vídeo explicamos a estrutura e as regras do concurso.

Este ano faranse tódalas probas a través da aula virtual do centro.

Atrevédevo!

Para inscrivirbos seguide estas instruccións.

Ligazón para o formulario de inscrición

Bases do concurso

 

#CIFP Ferrolterra; #FPGalicia

Probas de acceso a ciclos de grao medio e superior. Orde de convocatoria 2022

Comezo do período de inscrición de probas de acceso a ciclos formativos de grao superior.

Prazo de inscrición: do 31 de xaneiro ao 11 de febreiro de 2022, ambos incluídos.

Pode consultar a Orde do 17 de decembro de 2021 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2022 (códigos de procedemento ED312C e ED312D) na seguinte ligazón:

Máis información:

#CIFP Ferrolterra; #FPGalicia

DIA DO EMPRENDEMENTO NO CIFP FERROLTERRA 1 DE FEBREIRO DE 2022

DIA DO EMPRENDEMENTO 21/22

 

O día 1 de febreiro celebramos no CIFP Ferrolterra o "Día do emprendemento" cunha serie de actos e obradoiros para todo o alumnado de 2º curso de ciclos formativos de FP.

De 10:00 a 11:00 hs terá lugar no Salón de actos e por videoconferencia para todo o alumnado de 2º curso de FP o Programa Eduemprende Actúa 21/22 cunha Mesa redonda coa presencia dos seguintes participantes:

- IGAPE: Verónica Rodríguez Ruzo

- Emprendedores exalumnos do CIFP Ferrolterra:

  • Francisco López Balado (Septentrio Technologies)
  • Alma Yadira Tenreiro (Residencia canina El Bosque)
  • Jorge Rico Fraga ( San Martín Aluminios)
  • Federico López-De Saa (Ferdymac Automotive))

O alumnado teredes posibilidade de coñecer de primeira man a experiencia destes emprendedores e facer as preguntas que queirades para interaccionar con todos eles.

A partir das 11:00 hs. teran lugar na Aula de emprendemento do CIFP Ferrolterra uns Obradoiros de diversa temática relacionada co emprendmemento para o alumnado que queira inscribirse neles.

Para a inscrición tedes que picar na seguinte ligazón ou ben no Qr que tedes na cartelería do evento e encher o formulario de inscrición correspondente. Cada obradoiro ten unha duración de 1 hora. O aforo para estes obradoiros está limitada  a 16 alumn@s.

https://docs.google.com/forms/d/1-ziLn7-HTztiDj1kF8PVEXh5k8_BxFRATB5DXmcs_70/edit

Obradoiros:

  • "Grabación e edición de vídeos" para presentar proxectos/ideas" Diana Candelero (11:00-!2:00 hs.)
  • "Creatividade para a innovación" Promoveconsultoras (12:30-13:30 hs:)
  • "Elevator pitch" Presentación de proxectos. Fundación Ronsel (13:30-14:30 hs.)
  • "Habilidades emprendedoras" Fundación Ronsel (18:30-19:30 hs.)
  • "Elevator pitch" Presentación de proxectos. Fundación Ronsel (!9:30- 20:30 hs.)

Esperamos a vosa participación no Día do emprendemento e que as actividades sexan do voso interese.

Participade e inscribídevos nos Obradoiros!!!!!

 #CIFP Ferrolterra; #FPGalicia

Xornadas Orientación 31 Xaneiro

O Luns 31 de Xaneiro, celebraráse no CIFP Ferrolterra unhas xornadas sobre a búsqueda de emprego. As charlas realizaránse no salón de actos do CIFP Ferrolterra, pero debido a cuestións de aforo, o profesorado poderá conectarse nas aulas a través de videoconferencia. A actividade está dirixida a alumnado de 2º de ciclos de FP.

A xornadas comezarán a partir das 10:00 da mañá e rematarán as 14:00. Máis información no cartel:

Reportaxe do noso centro na Voz de Galicia sobre os estudos da Familia de Fabricación Mecánica

Non podemos estar mais orgullosos dos nosos profesores, alumnos. Magnífica reportaxe do noso centro na Voz de Galicia sobre os estudos da Familia de Fabricación Mecánica.

OBRADOIROS DE VIABILIDADE/TENDENCIAS ALUMNADO 2º CICLOS FP

Obradoiros de Viabilidade/Tendencias 

O luns 10 de xaneiro darán comezo os obradoiros de viabilidade para os proxectos de empresa que o alumnado de 2º curso de ciclos formativos está realizando no módulo de EIE.

Estes obradoiros realizaranse ao longo de toda a semana na Aula de emprendemento e nas horas do módulo de EIE.

Os Obradoiros serán impartidos pola Fundación Ronsel.

Esta actividade é promovida pola Coordinación de emprendemento e financiada polo Ministerio de Educación e Formación Profesional e pola Unión Europea NextGeneration-EU.

#CIFP Ferrolterra; #FPGalicia

 

Navantia Ferrol oferta 173 vacantes

Navantia acaba de publicar 173 nuevas vacantes en el Astillero de Ferrol, destinadas a perfiles junior como los de nuestro centro. Las ofertas de empleo están destinadas a perfiles junior, que deben tener hasta un máximo de 4 años de experiencia.
¿Qué perfiles buscan?
Instalación y Mantenimiento. Ajustador/a Montador/a. 26 vacantes
Electricidad y Electrónica. Electricista. 11 vacantes
Fabricación Mecánica. Técnico/a de Oficina. 10 vacantes
Administración y Gestión. Administrativo/a. 9 vacantes
Técnico/a de Organización. 6 vacantes
Fabricación Mecánica. Armador/a. 6 vacantes
Electricidad y Electrónica. Electrónico/a. 5 vacantes
Fabricación Mecánica. Tubero/a. 1 vacante
Verificador/a. 1 vacante
¿Cómo inscribirse?
Para formar parte del proceso, es obligatorio registrarse en el Portal de Empleo de Navantia (https://portalempleo.navantia.es) y acceder al área de “Ofertas de empleo”. Dentro de la página web, los candidatos obtendrán más información sobre las funciones y requisitos. Para que solicitud sea válida es obligatorio presentar toda la documentación correctamente.
¿Por qué Navantia?
Es una empresa con más de 300 años de historia. Cuentan con proyectos para desarrollarse como profesionales en una de las empresas más punteras del país. Además, Navantia es una compañía que apuesta por el talento joven, contando con planes de desarrollo y formación para sus empleados.

Aberta inscrición Curso Manexo de Ponte Grúa

Está aberto o plazo de inscrición para o Curso de Manexo de Ponte Grúa. (8 horas)

Son duas sesións, unha de 4 horas cos riscos específicos que se realizará nunha plataforma virtual e outra de carácter práctico. Non están fixadas as datas, pero serán en torno a finais de Xaneiro. Os interesados deben apuntarse ata o día 10 de xaneiro de 2022. Non se admitirán inscripcións posteriores.

O coste será de 20€, que deberedes formalizar en Vicedirección ou Secretaría do 13 ao 18 de xaneiro de 2022. Deberedes estar inscritos para formalizar o pago.

O enlace para inscribirse no Curso de Manexo de Ponte Grúa é: https://forms.gle/ZttZ1y5UvNWw6Yv3A

E obrigatoria a superación da parte teórica para facer a práctica. A parte práctica farase en grupos reducidos por quendas. Os grupos e días se coordinarán co relator a través da plataforma virtual.

Non hai límite de plazas e poden inscribirse alumnos de 1º, segundo, modular e AFD, profesores e persoal do centro.

#CIFP Ferrolterra; #FPGalicia