DIA DO EMPRENDEMENTO NO CIFP FERROLTERRA 1 DE FEBREIRO DE 2022

 

DIA DO EMPRENDEMENTO 21/22

 

O día 1 de febreiro celebramos no CIFP Ferrolterra o "Día do emprendemento" cunha serie de actos e obradoiros para todo o alumnado de 2º curso de ciclos formativos de FP.

De 10:00 a 11:00 hs terá lugar no Salón de actos e por videoconferencia para todo o alumnado de 2º curso de FP o Programa Eduemprende Actúa 21/22 cunha Mesa redonda coa presencia dos seguintes participantes:

- IGAPE: Verónica Rodríguez Ruzo

- Emprendedores exalumnos do CIFP Ferrolterra:

  • Francisco López Balado (Septentrio Technologies)
  • Alma Yadira Tenreiro (Residencia canina El Bosque)
  • Jorge Rico Fraga ( San Martín Aluminios)
  • Federico López-De Saa (Ferdymac Automotive))

O alumnado teredes posibilidade de coñecer de primeira man a experiencia destes emprendedores e facer as preguntas que queirades para interaccionar con todos eles.

A partir das 11:00 hs. teran lugar na Aula de emprendemento do CIFP Ferrolterra uns Obradoiros de diversa temática relacionada co emprendmemento para o alumnado que queira inscribirse neles.

Para a inscrición tedes que picar na seguinte ligazón ou ben no Qr que tedes na cartelería do evento e encher o formulario de inscrición correspondente. Cada obradoiro ten unha duración de 1 hora. O aforo para estes obradoiros está limitada  a 16 alumn@s.

https://docs.google.com/forms/d/1-ziLn7-HTztiDj1kF8PVEXh5k8_BxFRATB5DXmcs_70/edit

Obradoiros:

  • "Grabación e edición de vídeos" para presentar proxectos/ideas" Diana Candelero (11:00-!2:00 hs.)
  • "Creatividade para a innovación" Promoveconsultoras (12:30-13:30 hs:)
  • "Elevator pitch" Presentación de proxectos. Fundación Ronsel (13:30-14:30 hs.)
  • "Habilidades emprendedoras" Fundación Ronsel (18:30-19:30 hs.)
  • "Elevator pitch" Presentación de proxectos. Fundación Ronsel (!9:30- 20:30 hs.)

Esperamos a vosa participación no Día do emprendemento e que as actividades sexan do voso interese.

Participade e inscribídevos nos Obradoiros!!!!!

 #CIFP Ferrolterra; #FPGalicia