Xornada informativa Acreditación de Competencias

Xornada informativa sobre o proceso de Acreditación de Competencias Profesionais a través da experiencia laboral, na que se abordarán os seguintes temas (Proceso ARA):
- Desenvolvemento do proceso
- Que se obtén?
- Oferta de Unidades de competencia
- Requisitos de participación
- Rexistro de solicitudes
- Orientación formativa
- Dúbidas xurdidas
Asistencia aberta a TODO O PÚBLICO
É necesario cubrir o seguinte formulario para confirmar asistencia debido ó control de aforo.
Data: 30 de novembro de 2021
Hora: 18:30
Lugar de celebración: Salón de actos do CIFP Ferrolterra
Se tes algunha dúbida ponte en contacto con nós:
☎️ 981 333 107 (departamentos de Acreditación ou Orientación)
✉️ acreditacion.cifp.ferrolterra@edu.xunta.es
orientacion.cifp.ferrolterra@edu.xunta.gal
 
Programa financiado polo Ministerio de Educación y Formación Profesional no marco do Programa de Cooperación Territorial "Plan de Formación Profesional para el crecimiento económico y social y la empleabilidad", e pola Union Europea - NextGenerationEU

Convocatoria solicitudes Erasmus+ Curso 2021/2022. Publicado 22/11/2021

Está abierta la convocatoria para solicitar becas Erasmus+ para hacer la FCT o Prácticas como recién titulados en el extranjero durante el curso 2020/2021 y 2021/2022. Los formularios están en Conserjería o podeis descargarlos aquí: http://www.edu.xunta.gal/centros/cifpferrolterra/node/954  También está habiiltado un formulario web: https://forms.gle/4LtbdN4XyEV4Tvmq6

 

#FPGalicia; #CIFPFerrolterra; #Erasmus+

Videoconferencia "Emprendemento e Redes Sociais"

 

VIDEOCONFERENCIA "EMPRENDEMENTO E REDES SOCIAIS"

O venres día 12 de novembro, de 11:45 a 13:00 hs terá lugar a Videoconferencia "Emprendemento e Redes Sociais" para todo o alumnado de 2º curso de ciclos formativos

O ponente será Alex López López,empresario e experto en Social Selling e  influencer mundial en social selling. A ponencia versará sobre o emprendemento e a contorna dixital.

O programa desta videoconferencia recolle a seguinte temática:

-AS POSIBILIDADES QUE OFRECE O MUNDO DIXITAL PARA EMPRENDER

  • Por qué estar en redes e en qué redes estar en función dos obxectivos

- COMO ACTÚA O CLIENTE DIXITAL

  • Coñecer o proceso de compra na actualidade
  • Diferencias entre o mercado B2B e o mercado B2C

- ESTÁ A TÚA MARCA PRAPARADA?

Cómo mellorar a nosa marca e o posicionamiento actual na rede

 - FERRAMENTAS PARA MELLORAR :

  • Prospección
  • Escoita Activa
  • Seguimento
  • Medición das accións

-  A IMPORTANCIA DE OFRECER CONTIDO DE VALOR

 - COMO PREPARAR E PRESENTAR UN PROXECTO

 - EXERCICIO PRÁCTICO

Dende a Coordinación de emprendemento esperamos que sexa unha actividade de aproveitamento tanto para o  alumnado como do profesorado.

Esperamos a vosa participación nesta actividade de emprendemento que explica cómo utilizar as redes sociais para favorecer a comunicación na rede a través de plataformas e ferramentas idóneas da contorna dixital actual.

#FPGalicia; #CIFPFerrolterra 

 

 

Mulleres que rompen a brecha de xénero na FP

Grazas ás nosas alumnas Sonia, Elisabeth e Antía, e tamén á profesora Silvia Folgueira pola estupenda reportaxe sobre mulleres que rompen a brecha de xénero.

#FPGalicia; #FPIgualdade; #CIFPFerrolterra

 

Freeboard is already painted !!

Nuestro departamento de Fabricación Mecánica ha trabajado muchísimo para finalizar esta fase del proyecto a tiempo. Felicidades equipazo!
 
 
 

Acordo de colaboración con PCE Ibérica S.L.

https://www.pce-instruments.com/espanol/

O CIFP Ferrolterra vén de establecer unha liña de colaboración con PCE Ibérica S.L. (PCE Instruments), empresa adicada aos dispositivos de medición, regulación, laboratorio e pesaxe.

Este acordo de colaboración tradúcese na cesión por parte de PCE Ibérica S.L. dun microscopio USB e dunha báscula de precisión ao centro, que completarán o equipamento do noso laboratorio de Dixitalización 3D, fabricación aditiva e control de calidade. Neste laboratorio impartirase, a partir do día 2 de novembro, o novo curso de especialización en Fabricación aditiva.

Trátase dun acordo beneficioso tanto para a equipa docente como para o alumnado, xa que o uso de instrumentos de medición de calidade contrastada na Formación Profesional redundará nunha mellor preparación do alumnado.

O noso agradecemento a PCE Ibérica S.L.

#FPGalicia

#CIFPFerrolterra

Volven as "clases" de inglés!!!

Este ano imos cambiar o formato das clases de inglés aproveitando que temos entre nós una auxiliar de conversa de Minessota. As clases de conversa serán tomandonos un café relaxadamente na biblioteca nos seguintes horarios:

Horario de mañá: LUNS: 9:30 A 10:30 e XOVES: 13:00 a 14:00
Horario de tarde: MÉRCORES: 18:15 a 20:15


A actividade é aberta e gratuita para todo o alumnado que queira mellorar o seu nivel de inglés, profesorado e persoal do centro. 

Galiciaskills 2021. VI Campionato Galego de Formación Profesional

 Celebrarase no noso centro educativo na xornada do proximo martes 5 de octubro

CONGRESO "EMPRENDE TRASANCOS"

ASISTENCIA AO CONGRESO "EMPRENDE TRASANCOS"

Invitación ao alumnado e profesorado do CIFP Ferrolterra para asistir  ao Congreso " EMPRENDE TRASANCOS"   que se celebra no IES Terra de Trasancos o o día 13 de outubro no PAZO DA CULTURA DE NARÓN.Dispoñemos de 40 invitacións para asistir a este Congreso. 

Todos aqueles que estedes interesados podedes poñervos en contacto coa Coordinadora de Emprendemento do CIFP Ferrolterra no Viveiro de empresas do centro (1º andar) ou co profesorado que vós imparta o módulo de EIE. 

Programación do Congreso:

Data: 13 de outubro

Horario: 10:30-13:30

Lugar: Pazo da cultura de Narón (sairemos en transporte dende o CIFP Ferrolterra)

Organiza: IES TERRA DE TRASANCOS

Asistentes:  alumnado/profesorado de formación profesional dos centros da comarca integrantes no proxecto AULAS DE EMPRENDEMENTO da Xunta de Galicia e VIVEIROS DE EMPRESA.

Actos e ponencias:

-10:30- Presentación do Congreso Directora Graciela Galdo IES TERRA DE TRASANCOS e autoridades de EDUEMPRENDE.

- 10:45-11:15 Alma Yadira Tenreiro Lopez, Propietaria Residencia Canina El Bosque y Mas Cuidados Multiservicios, antigua alumna de formación profesional ,emprendedora de éxito de Narón que contará a súa historia de emprendemento. Moi involucrada no mundo asociativo, tanto na protección animal coma no mundo empresarial. Actualmen te membra da xunta directiva de AJE Ferrolterra e de AJE Galicia.

- 11:15-11:45 David Fernández Veloso . Ponencia “Emprender con éxito”.CMO & Co-Founder en Breiko Breiko , formador e mentor de emprendedores. Impulsor de www.emprendizaje.es

- descanso 15 minutos.

- 12:00- 12:30: Marta Vázquez Dopico. Xerente da Cooperativa do Val e avogada, que contará a súa historia de empoderamento femenino e explicará a importante labor da cooperativa na comarca.

-12:30- final.Fernando Salinero: Ponencia “ ¿ Cómo hacer un proyecto apasionante?”Escritor, Consultor de Empresas, Formador de directivos, empresarios e profesionales. Conferencias motivadoras cun toque de humor. https://fernandosalinero.es. Socio fundador da consultora Utopía Leonardo, Escuela Profesional de la Venta e do Instituto de Desarrollo Pyme {www.idpyme.com). No campo da escritura ten numerosos premios literarios a nivel nacional. Autor cinco Libros: La casa al revés, ¿Por qué fracasan Las empresas? (2010) y ¡No es una crisis! Es un cambio estructural (2012), Qué leches es el estado del bienestar, Storycoaching y La senda del tigre.

Esperamos a vosa asistencia!!!!!! 

Animádevos!!!!