DIA DO EMPRENDEMENTO NO CIFP FERROLTERRA 1 DE FEBREIRO DE 2022

DIA DO EMPRENDEMENTO 21/22

 

O día 1 de febreiro celebramos no CIFP Ferrolterra o "Día do emprendemento" cunha serie de actos e obradoiros para todo o alumnado de 2º curso de ciclos formativos de FP.

De 10:00 a 11:00 hs terá lugar no Salón de actos e por videoconferencia para todo o alumnado de 2º curso de FP o Programa Eduemprende Actúa 21/22 cunha Mesa redonda coa presencia dos seguintes participantes:

- IGAPE: Verónica Rodríguez Ruzo

- Emprendedores exalumnos do CIFP Ferrolterra:

  • Francisco López Balado (Septentrio Technologies)
  • Alma Yadira Tenreiro (Residencia canina El Bosque)
  • Jorge Rico Fraga ( San Martín Aluminios)
  • Federico López-De Saa (Ferdymac Automotive))

O alumnado teredes posibilidade de coñecer de primeira man a experiencia destes emprendedores e facer as preguntas que queirades para interaccionar con todos eles.

A partir das 11:00 hs. teran lugar na Aula de emprendemento do CIFP Ferrolterra uns Obradoiros de diversa temática relacionada co emprendmemento para o alumnado que queira inscribirse neles.

Para a inscrición tedes que picar na seguinte ligazón ou ben no Qr que tedes na cartelería do evento e encher o formulario de inscrición correspondente. Cada obradoiro ten unha duración de 1 hora. O aforo para estes obradoiros está limitada  a 16 alumn@s.

https://docs.google.com/forms/d/1-ziLn7-HTztiDj1kF8PVEXh5k8_BxFRATB5DXmcs_70/edit

Obradoiros:

  • "Grabación e edición de vídeos" para presentar proxectos/ideas" Diana Candelero (11:00-!2:00 hs.)
  • "Creatividade para a innovación" Promoveconsultoras (12:30-13:30 hs:)
  • "Elevator pitch" Presentación de proxectos. Fundación Ronsel (13:30-14:30 hs.)
  • "Habilidades emprendedoras" Fundación Ronsel (18:30-19:30 hs.)
  • "Elevator pitch" Presentación de proxectos. Fundación Ronsel (!9:30- 20:30 hs.)

Esperamos a vosa participación no Día do emprendemento e que as actividades sexan do voso interese.

Participade e inscribídevos nos Obradoiros!!!!!

 #CIFP Ferrolterra; #FPGalicia

Xornadas Orientación 31 Xaneiro

O Luns 31 de Xaneiro, celebraráse no CIFP Ferrolterra unhas xornadas sobre a búsqueda de emprego. As charlas realizaránse no salón de actos do CIFP Ferrolterra, pero debido a cuestións de aforo, o profesorado poderá conectarse nas aulas a través de videoconferencia. A actividade está dirixida a alumnado de 2º de ciclos de FP.

A xornadas comezarán a partir das 10:00 da mañá e rematarán as 14:00. Máis información no cartel:

Reportaxe do noso centro na Voz de Galicia sobre os estudos da Familia de Fabricación Mecánica

Non podemos estar mais orgullosos dos nosos profesores, alumnos. Magnífica reportaxe do noso centro na Voz de Galicia sobre os estudos da Familia de Fabricación Mecánica.

OBRADOIROS DE VIABILIDADE/TENDENCIAS ALUMNADO 2º CICLOS FP

Obradoiros de Viabilidade/Tendencias 

O luns 10 de xaneiro darán comezo os obradoiros de viabilidade para os proxectos de empresa que o alumnado de 2º curso de ciclos formativos está realizando no módulo de EIE.

Estes obradoiros realizaranse ao longo de toda a semana na Aula de emprendemento e nas horas do módulo de EIE.

Os Obradoiros serán impartidos pola Fundación Ronsel.

Esta actividade é promovida pola Coordinación de emprendemento e financiada polo Ministerio de Educación e Formación Profesional e pola Unión Europea NextGeneration-EU.

#CIFP Ferrolterra; #FPGalicia

 

Navantia Ferrol oferta 173 vacantes

Navantia acaba de publicar 173 nuevas vacantes en el Astillero de Ferrol, destinadas a perfiles junior como los de nuestro centro. Las ofertas de empleo están destinadas a perfiles junior, que deben tener hasta un máximo de 4 años de experiencia.
¿Qué perfiles buscan?
Instalación y Mantenimiento. Ajustador/a Montador/a. 26 vacantes
Electricidad y Electrónica. Electricista. 11 vacantes
Fabricación Mecánica. Técnico/a de Oficina. 10 vacantes
Administración y Gestión. Administrativo/a. 9 vacantes
Técnico/a de Organización. 6 vacantes
Fabricación Mecánica. Armador/a. 6 vacantes
Electricidad y Electrónica. Electrónico/a. 5 vacantes
Fabricación Mecánica. Tubero/a. 1 vacante
Verificador/a. 1 vacante
¿Cómo inscribirse?
Para formar parte del proceso, es obligatorio registrarse en el Portal de Empleo de Navantia (https://portalempleo.navantia.es) y acceder al área de “Ofertas de empleo”. Dentro de la página web, los candidatos obtendrán más información sobre las funciones y requisitos. Para que solicitud sea válida es obligatorio presentar toda la documentación correctamente.
¿Por qué Navantia?
Es una empresa con más de 300 años de historia. Cuentan con proyectos para desarrollarse como profesionales en una de las empresas más punteras del país. Además, Navantia es una compañía que apuesta por el talento joven, contando con planes de desarrollo y formación para sus empleados.

Aberta inscrición Curso Manexo de Ponte Grúa

Está aberto o plazo de inscrición para o Curso de Manexo de Ponte Grúa. (8 horas)

Son duas sesións, unha de 4 horas cos riscos específicos que se realizará nunha plataforma virtual e outra de carácter práctico. Non están fixadas as datas, pero serán en torno a finais de Xaneiro. Os interesados deben apuntarse ata o día 10 de xaneiro de 2022. Non se admitirán inscripcións posteriores.

O coste será de 20€, que deberedes formalizar en Vicedirección ou Secretaría do 13 ao 18 de xaneiro de 2022. Deberedes estar inscritos para formalizar o pago.

O enlace para inscribirse no Curso de Manexo de Ponte Grúa é: https://forms.gle/ZttZ1y5UvNWw6Yv3A

E obrigatoria a superación da parte teórica para facer a práctica. A parte práctica farase en grupos reducidos por quendas. Os grupos e días se coordinarán co relator a través da plataforma virtual.

Non hai límite de plazas e poden inscribirse alumnos de 1º, segundo, modular e AFD, profesores e persoal do centro.

#CIFP Ferrolterra; #FPGalicia

LABORATORIO DE DIXITALIZACIÓN 3D, FABRICACIÓN ADITIVA E CONTROL DE CALIDADE

Comeza a súa andaina no primeiro andar do CIFP Ferrolterra o Laboratorio de dixitalización 3D, fabricación aditiva e control de calidade, proxecto creado dentro do programa Espazos de tecnoloxía aplicada.

Este laboratorio pretende ser un referente para aqueles alumnos/as que desexen adentrarse no mundo da impresión 3D e concentra o equipamento necesario para deseñar, dixitalizar, simular, imprimir, controlar a calidade e postprocesar, distribuído nas seguintes zonas:

  • Zona de docencia.
  • Zona de dixitalización 3D: onde se levarán a cabo o deseño, laminado, escaneado e reparación de mallas, para os procesos de deseño e enxeñería inversa.
  • Zona de fabricación aditiva: coas últimas impresoras de tecnoloxías FDM, SLA e SLS.
  • Zona de control de calidade: con máquina universal de ensaios, durómetro, microscopio USB e báscula.
  • Zona de postprocesado: para realizar os tratamentos posteriores ás pezas resultado da fabricación aditiva que así o requiran.

No laboratorio cursarase o curso de especialización en Fabricación aditiva e aqueles módulos relacionados co deseño do ciclo superior en Mecatrónica industrial, máis poderá ser visitado en todos aqueles módulos que consideren que poden darlle un valor engadido á súa materia coa fabricación aditiva.

A fabricación aditiva está aquí, e chegou para quedarse.


#CIFP Ferrolterra; #FPGalicia

TALLER PRÁCTICO LINKEDIN

TALLER PRÁCTICO LINKEDIN PARA PROFESORADO 

O martes 14 de decembro, de 16:00 hs. a 18:30 hs terá lugar no CIFP Ferrolterra, un Taller práctico de LINKEDIN para o profesorado do centro.

O taller será impartido por Alex López López, experto en social selling e en RRSS. 

Neste taller práctico coñeceremos as utilidades da ferramenta Linkedin para o emprego, o emprendemento, acceder a información de empresas, dar a coñecer o centro,...

Para facer este taller é conveniente ter creado una conta de Linkedin previamente.

Está actividade está promovida dende a Coordinación de emprendemento e financiada polo Ministerio de Educación e Formación Profesional e pola Unión Europea NextGeneration-EU.

O Programa do Taller é o seguinte: 

  • EL ENTORNO DIGITAL

  • EL MODUS OPERANDI EN EL ENTORNO DIGITAL Cómo nos afectarán los cambios en  las redes sociales de mayor uso. LinkeIn, Cómo funciona la mayor red social profesional

  • MEDICIÓN ACTUAL DE LA MARCA PROFESIONAL. Análisis actual de la marca profesional de los asistentes. Mejora del posicionamiento del perfil. Estrategia de palabras clave. La importancia de la privacidad. Medición actual de la marca

  • CONTACTOS. Nuevos métodos para contactar. Búsqueda avanzadas para encontrar decisores. Estrategias de mensajería. Creación de alarmas. Busqueda segmentada de empresas. Universidades como canal para contactar.
  • OPTIMIZACIÓN DE LAS HERRAMIENTAS DE LINKEDIN. Gestión y mejora del feed de actividad. Cómo sacarle partido a los grupos de LinkedIn. Como sacarle partido a la pagina de empresa Tendencias Linkedin 2022
  • LA IMPORTANCIA DE OFRECER CONTENIDO DE VALOR. Qué publicar en Linkedin para aportar valor a clientes y prospectos. Cómo buscar contenido. Herramientas de publicación. Medición de las acciones
  • CÓMO MEDIR EL RESULTADO DE NUESTRAS ACCIONES. Herramientas de medición de acciones en social media 

#CIFP Ferrolterra; #FPGalicia

CHARLAS DE MOTIVACIÓN AO EMPRENDEMENTO

CHARLAS DE MOTIVACIÓN AO EMPRENDEMENTO PARA O ALUMNADO DE 2º CURSO DE FP

 

 

Os días 2 e 3 de decembro terán lugar no Salón de actos do CIFP Ferrolterra as CHARLAS DE MOTIVACIÓN AO EMPRENDMENTO 2021-2022 para todo o alumnado de 2º curso de ciclos de FP (inclúe o alumnado de 2º de FP Básica e o alumnado de 1º curso da Familia profesional de Enerxía e auga).

As charlas serán dinamizadas pola empresa PROMOVECONSULTORAS. Asistirán emprendedores de cada unha das Familias Profesionais.

Os horarios e os emprendedores asistentes para cada Familia profesional serán os seguintes:

 

FAMILIA PROFESIONAL

DÍA/HORARIO

EMPRENDEDOR

Nº de alumn@s

ELI/ELO

2 decembro/10-11 hs.

Jorge Castro (Electrónica del Noroeste)

56

MADEIRA

2  decembro/11:30-12:30 hs.

 Fernando Lorenzo(Taller Sangiovanni Lorenzo)

33

METAL

2 decembro/13-14 hs

Diego Castro Calderería

42

AUTOMOCIÓN

3 decembro/10:30-11:30 hs.

Aida Meizoso Fernández (Talleres Aira)

43

MECATRÓNICA/ENERXÍA E AUGA

3 de decembro/12-13 hs.

Jesús López Carreira (TeuVento)

40

 ESPERAMOS A VOSA PARTICIPACIÓN!!!