CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Proxectos

Video da xornada de plantación

Temos este video que resume a xornada de plantación:

 

Video da xornada de plantación

Colgamos en YouTube este vídeo da xornada de plantación:

A CARREIRA ESPACIAL CHEGA AO NOSO COLEXIO

Este ano o proxecto do Equipo de Normalización Lingüística do centro desenrolará o tema "O Universo". Os nenos e nenas de 2º xa empezamos a entrar no tema, e coa axuda da casa fixemos  este mural co noso universo particular. Temos naves para tódolos gustos e de tódolos tamaños.

Tradutor

function setUrlValue(form) {form.url.value = document.location;}

Universo caselles

 

O noso proxecto deste curso. Aquí poderás encher de información as distintas páxinas sobre o universo.

Sistema solar       Constelacións      Nebulosas   As viaxes espaciais  O ceo na nosa tradición 

Baixo Terra

Con este título, "Baixo terra" imos traballar dende Normalización Lingüística un proxecto que nos achegue ao mundo da arqueoloxía.

A nosa terra ten moita riqueza arqueolóxica, e achegarnos a este mundo dende un punto de vista pedagóxico é o noso desafío. Como os xacementos arqueolóxicos non se poden manipular, teremos que facer algo  para que os nosos alumnos e alumnas poidan exercer de arqueólogos e coñecer este mundo en tódolos seus aspectos.

Estade atentos. Moi pronto coñeceredes unha toupa que se fará famosa no colexio. 

 

Os alumnos de 6º visitan o CEDAM de Vigo para aprender sobre arqueoloxía

Recentemente os alumnos de 6º participaron nun aula sobre arqueoloxía que impartiu Jose Valtierra no CEDAM do Museo Quiñones de León, en Vigo.

Alí aprenderon aspectos xerais sobre a cultura castrexa, a romanización ou a vida na época pre-romana, e realizaron simulación das actividades dos arqueólogos cando excavan e interpretan xacementos.

Esta visita foi o primeiro paso da actividade que para este curso estamos a preparar no colexio.  Pronto terán que demostrar aquí o que aprenderon con Valti.

 

Distribuir contido