CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Os alumnos de 6º visitan o CEDAM de Vigo para aprender sobre arqueoloxía

Recentemente os alumnos de 6º participaron nun aula sobre arqueoloxía que impartiu Jose Valtierra no CEDAM do Museo Quiñones de León, en Vigo.

Alí aprenderon aspectos xerais sobre a cultura castrexa, a romanización ou a vida na época pre-romana, e realizaron simulación das actividades dos arqueólogos cando excavan e interpretan xacementos.

Esta visita foi o primeiro paso da actividade que para este curso estamos a preparar no colexio.  Pronto terán que demostrar aquí o que aprenderon con Valti.