CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Baixo Terra

Con este título, "Baixo terra" imos traballar dende Normalización Lingüística un proxecto que nos achegue ao mundo da arqueoloxía.

A nosa terra ten moita riqueza arqueolóxica, e achegarnos a este mundo dende un punto de vista pedagóxico é o noso desafío. Como os xacementos arqueolóxicos non se poden manipular, teremos que facer algo  para que os nosos alumnos e alumnas poidan exercer de arqueólogos e coñecer este mundo en tódolos seus aspectos.

Estade atentos. Moi pronto coñeceredes unha toupa que se fará famosa no colexio.