CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Escolares

LA REGLA DE KIKO: KIKO Y LA MANO

Esta semana os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º están asistindo a un taller relacionado coa prevención de abusos na infancia. Están sendo impartidos por Ana Belén Vicente co material publicado polo Consello de Europa: La regla de Kiko
http://www.underwearrule.org/default_es.asp

As familias dos nenos de 1º, 2º e 3º terán o xoves de 16.00 a 18.00 horas unha charla en relación aos talleres para a prevención de abusos na infancia. 

 

 

DÚAS GALICIAS

Os nenos e nenas de 1º e 2º participamos no proxecto Dúas Galicias organizado pola OMIX de Tomiño. A través del preténdese un irmandamento entre os nenos de Tomiño e os da Galicia de Polonia. Mentres que os de 1º lles falaron aos nenos e nenas da Galicia de Polonia sobre as cousas importantes que temos na nosa terra; os de 2º contáronlles cousas do noso colexio.

OBRADOIROS 1º CICLO

Este venres comezaremos os obradoiros no 1º Ciclo. Nas dúas últimas sesións dos venres cambiaremos totalmente a rutina e a maneira de aprender.

Teremos sete talleres: tres de lingua, dous de matemáticas e dous de creatividade.

Os nenos e nenas de 1º e 2º formaremos sete grupos mixtos  con alumnos de cada curso. Cada venres rotarán de obradoiro ata que todos sete grupos pasen polos sete obradoiros.

Coma sempre será o que nos guíe ao longo destas sesións.

 

 

 

 

Outono no colexio

Visita a illa de San Simón

O 2º e o 3º Ciclo fomos de visita a illa de San Simón. Primeiro collemos o tren en Guillarei para ir a Vigo, logo fomos andando dende a estación ata o porto para coller un barco que nos levou a illa de San Simón.

 

OUTONO 2012

ARTE DO 1º CICLO

Os nenos e nenas do 1º Ciclo fomos de visita ao MARCO, ao Museo de Arte Comtemporáneo de Vigo, e encantounos, polo que decidimos facer as nosas propias obras de arte coa axuda das nosas familias.

SAMAÍN

O primeiro ciclo celebrou o Samaín cun terrorífico mural. Tamén quixemos facer o mesmo que os nosos antepasados celtas e coa axuda dos nosos pais e as nosas nais demos feito unha fantástica exposición de cabazas.

Como remate de luxo a profe Vanesa e o su amigo Paco contáronnos un conto de medo... de moito medo....

Recursos

Nesta sección podes descargar recursos que imos creando no cole.

 Recurso  Área  Descrición
 As herbas de San Xoán  Coñecemento do medio  1 e 2
 Herbas  Coñecemento do medio  Presentación ODT 1º e 2º
 Árbores, arbustos e herbas  Coñecemento do Medio  Presentación odt 1º e 2º
     
     
     
     
     
     

 

Construímos unha nave espacial

 

 

 

 

 

 

¿Gustaríache viaxar polo espacio?

Imos construír naves espaciais nas clases.  Non hai modelos nin ideas preparadas. Soamente a vosa imaxinación.

Hai que facer unhas naves que posiblemente non voen, pero poderán quedar moi ben colgadas do teito na clase ou nos corredores...

Preguntádelle á vosa mestra/e.

Distribuir contido