CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

blogue deantonioduran

AVISO ÁS FAMILIAS

Bo día!

As titoras de 5º recomendamos que se sigan as recomendacións ante o Coronavirus e, ante a suspensión das actividades lectivas , a nivel académico, seguide as instrucións marcadas na plataforma do E-DIXGAL.

 

As titoras de 5º de Primaria

AVISO IMPORTANTE

Bo día, unha vez reunidos os titores e especialistas dos vosos fillos e fillas, acordamos que sigades as indicacións sanitarias recomendadas. Para esta fin de semana deben rematar as tarefas que levaron para a casa de Lingua Galega e Sociais (Fichas) e que estuden estas materias. A partir da vindeira semana xa vos iremos comentando cal é o traballo.

                                Un saúdo,

Berta e Alba.

 

AVISO IMPORTANTE

Estimadas familias de 1º primaria!

 

Dado que por parte da Xunta se suspenden as clases durante 15 días, decidimos organizar o traballo da seguinte maneira, para realizar na casa:

 

Cada día, de luns a venres, deben facer:

 -Dúas páxinas do caderniño de LEO 9. (Xa o levaron para casa. Aquel caso que non o teña, terao dispoñible na páxina web, no curso de 1º primaria)

 

Para matemáticas colgamos na web unhas fichas modelo para que lle poidades imprimir na casa e realizalas. As fichas serán dos contidos básicos, de repaso, e engadimos contido novo  de enumeración (ata o 99) e dos meses do ano. Cos meses do ano podedes tamén escoitar videos de cancións, en Youtube,  para ir memorizando ordenadamente.

Estes exercicios de matemáticas ídelo marcando vós o que van realizar diariamente.

 

Este é o link onde aparece este material de traballo:

1º PRIMARIA - CLIC AQUÍ

 

Se non tedes impresora, escribides nun folio exercicios similares e xa estaría listo.

 

 Deben fecelo polas mañás, como se estiveran en clase, e dosificados. Non adiantar nin acumular traballo de días anteriores. Sábados e domingos, non deben facer nada académico. Completar con lecturas que lle gusten aso nenos. Na medida do posible, revisádelle os exercicios, pois para nos será una acumulación excesiva de traballo.

 

Estamos a vosa disposición para calquera dúbida do traballo, escribídenos en ABALAR MÓBIL e chamaríamos á familia que o solicite.

 

Os titores de 1º de primaria

 

MATERIAL ESPECÍFICO 1º PRIMARIA

 


MATERIAL ESPECÍFICO LEO 9 E  MATEMÁTICAS:

Aquí abaixo hai un ficheiro adxunto do LEO 9 (para os que non o teñen en casa) e dez fichas adxuntas de enumeración, decenas e unidades, descomposición, cálculo , atención diferenzas e realizarase por orde, do 1 ao 10.

Vídeo dos meses do ano:

 

 

RECOMENDACIÓNS PARA O NADAL

VISITA DUN ITALIANO DE PURA CEPA AOS ALUMNOS DE 4º PRIMARIA - PAÍSES E CULTURAS

Coa chegada próxima da semana cultural e relacionándoo co tema anual PAÍSES E CULTURAS, os nenos e nenas de 4º de Primaria, que estamos a traballar de cheo con ITALIA  recibiron a visita dun italiano, concretamente, de Nápoles. Esta persoa viu ao cole ambientándonos con música, xa que trouxo e tocou o acordeón. Ademais, faloulles da comida, do idioma, das tradiccións, das cidades máis importantes, da comida, ...  e resolveulles dúbidas ao alumnado.

Das comidas, falou da pizza (que a súa favorita e a margarita) e recomendou aos nenos e nenas que se van visitar Italia que pregunten sempre alí onde se come ben e barato. Co acordeón fíxolles referencia da música tradicional, tocando así: a tarantela, oh sole mío,....

En canto ao idioma, mencionoulles que aínda que sexamos de diferentes países, comunícamonos, non só co propio idioma, tamén co sorriso, cos xestos, .... E os italianos teñen esta particulariedade de xesticular moito ao falar, ... Ademais disto, que neste país, non só se fala o italiano, senón que tamén hai rexións que dividen o país, no que se falan outros idiomas.

Agradecerlle a el e á familia dun neno de 4º que puido facer posible que recibamos a visita dun italiano de pura cepa e que enganchara aos nenos e nenas coa súa visita.

Premede na imaxe para ver fotos deste encontro.

 

EXCURSIÓN A BUEU

O noso centro está inmerso dentro do plan proxecta ALIMÉNTATE BEN, do cal se inclúe o programa O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR. Por este motivo, e mediante sorteo, tocoulles aos nenos e nenas de 4º de primaria ir visitar o porto, a lonxa e a praza de abastos de Bueu. Foi unha actividade completa, onde lles ensinaron aos nenos distintas embarcacións (por exemplo o bateeiro) e utensilios (como as nasas para pescar, por exemplo, o polbo) que empregan os mariñeiros para coller produtos de mar.

Logo, na lonxa, puideron palpar ourizos de mar e moitos dos nenos e profes probaron este delicioso produto. Máis tarde, ensináronlles como se subastan os produtos que pasan por alí, na que teñen unha etiqueta de identificación. No noso caso, ensináronnos o do polbo ou o choco. A estes produtos pónselles un prezo de custo alto e van baixando ata que algunha persoa autorizada (empresas, restaurantes,...) decide compralo polo custe que estima oportuno. 

Para rematar, asistimos a praza de abastos na que nos ensinaron a variedade de peixes e mariscos que se venden. A verdade é que houbo gran variedade de produtos. (caballa, tiburon rosa, cazón, xarda, navallas e os xa máis coñecidos, linguado, xurelo,...). Nesta mesma estancia, no primeiro andar, os nenos e nenas vestíronse de chefs (cun gorro de cociña e un mandilón de plástico) e puideron degustar ensalada, dunha especie de cachopos na que se lle integraron produtos de mar e dun iogur de vainilla.

Foi un día moi produtivo!

Preme na imaxe para ver as fotos desta saída.

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

A semana pasada os alumnos e alumnas dos cursos 4º, 5º e 6º de Primaria participaron na actividade PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA que forma parte do programa Aliméntate ben, plan proxecta da Xunta de Galicia. Esta campaña está encamiñada ao obxectivo de fomentar o consumo das latas de conserva dos produtos do noso mar no noso alumnado.

Premede na imaxe para ver máis fotos!

FESTIVAL FIN DE CURSO 2018

Como vén sendo habitual, celebramos o Festival de Fin de curso con predominio de dramatizacións, música e baile; na que despedimos a outra nova xeración que se marcha para o instituto o vindeiro curso.

A continuación, poderedes facer clic nas diferentes actuacións.

 

 

ACTO CONMEMORATIVO DAS LETRAS GALEGAS 2018

Como remate da semana cultural, na que o pasado mércores 16 os pais, as nais e familias do alumnado puideron asitir a ver os seus fillos que lles ensinaba e expoñían os seus traballos que forman parte da aula de natureza, o venres 18 lembramos á homenaxeda no día das LetraS Galegas deste ano:

Mª VICTORIA MORENO MÁRQUEZ

 

Os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria foron os encargados de homenaxeala coas dramatizacións que, a continuación, podedes ver facendo clic no video.

Por último, podemos agradecer á ANPA do noso cole, que nos puidera traer de primeira man ao Mago Zanas, que nos trouxo maxia ao Caselles. Desfrutamos moito coa súa presenza!

 

 

Se querede ver imaxes deste acto e da actuación do MZ (Mago Zanas), facede clic na imaxe.

Distribuir contido