Actividades Curso 19-20

Mobilízate pola selva:

 

No colexio organizamos unha recollida de móbiles para axudar aos nosos amigos os chimpancés. Por cada 30 móbiles apadriñábamos un chimpancé do Instituto Jane Goodall. Ao final recollemos 108 móbiles. Moitas grazas pola vosa colaboración.

 

Obradoiro de Igualdade

Estamos a traballar un obradoiro de Igualdade. Son uns obradoiros nos que analizamos os roles de sexo e como estes se trasaladan aos contos tradicionais.

mural igualdade

 

Entroido 2020

Este Entroido o alumnado de Infantil aproveitou materiais de refugallo para disfrazarse de animais en perigo de extinción, namentres os de Primaria aproveitaron disfraces para ir de choqueiros. Grazas as comparsas realizadas polas familias que animaron ese día. Moitas grazas.

 alumnado mirando actuación disfrazados

 

Sorteo de Nadal:

O alumnado de 6º estivo vendendo rifas para sortear unha cesta de Nadal. O gañador foi o 639. Podedes ver a información premendo na ligazón da entrega do premio. O número afortunado foi o 639.

Entrega do premio.

Vídeo do Sorteo

A nosa biblioteca

Se queredes coñecer mellor a nosa biblioteca podedes botar un ollo aquí.

Temos unha bitácora: Bibliomistos onde podedes estar ao día das diferentes actividades e recomendacións de libros.

 

English Corner

Benvidos ao noso English Corner:

Actividades e recursos de Inglés que temos no noso centro.

Podedes acceder a unha chea de recursos para Infantil e Primaria na ligazón de Pre-primary and Primary Resources.

Se queredes desfrutar das aventuras de Grayson the cat, podedes visitar a súa bitácora.

Se non queres perder as diferentes actividades que celebramos tes que visitar English Peak English.

 

Actividades Curso 19-20

 

Proxecto TEI

O proxecto TEI (Tutorización entre Iguais).

logo tei

 

O proxecto TEI é un programa de convivencia que implica a toda a comunidade educativa. Orientase a mellorar a integración escolar e traballar unha escola inclusiva e non violenta, fomentando a relación entre iguais. Se queredes coñecer o que facemos en cada xornada TEI, podedes visitar a nosa sección TEI.

Podedes ver os nosos vídeos na nosa canle de Youtube

Distribuir contido

logo conselleria

ligazón abalar

  ligazón edixgal

    ligazón eva

          bibliotecas escolares

      

  ligazón programa tei

  FSE