English Day

Este venres temos unha sorpresa para todos, enjoy  Guiño

 

Esta semana estamos de noraboa e de celebración. O venres día 29 de maio será o ENGLISH DAY. Este ano estará relacionado cos contos.

 

 

 E como toda celebración hai que preparala…con GET READY FOR THE ENGLISH DAY. Preme no logo do English Team para ver os retos que vos propoñen para ir quentando motores:

 

 

Have a great English Week!

 

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Premede na nosa bandeira para ver o precioso video que está colgado no

BLOG DA BIBLIOTECA 

 

PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2020/2021 PARA O ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN

No DOG do 6 de maio, publícase o Acordo sobre o restablecemento do proceso de admisión de alumnado para o curso 2020/21. 

- Presentación de solicitudes: do 11 ata o 18 de maio (ambos inclusive), podedes presentala de dúas maneiras:

1. Forma telemática: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

2. Forma presencial: na secretaría do centro en horario de 9 a 14, con cita previa chamando ao teléfono do centro (881-960653).

- Presentación da documentación acreditativa do baremo: ata o 26 de maio. 

- Publicación das listas provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño.

 Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño. 

Formalización da matrícula: do 1 ao 10 xullo de 2020

 

Recordamos a documentación a presentar xunto coa solicitude:

- Fotocopia do libro de familia

- Padrón

- En caso de haber unha separación dos proxenitores, haberá que presentar a sentencia de divorcio e a solicitude terá que estar firmada polo pai e a nai. 

- Informe de neae, se fose o caso. 

Deixámosvos o enlace ao DOG na seguinte icona

                                              

 

LETRAS GALEGAS 2020

Achégase o DÍA DAS LETRAS GALEGAS: 17 DE MAIO e con el, dous novos retos!

 

RETO 1: EU FALO GALEGO

Propoñémosvos debuxar unha bandeira de Galicia e sacarvos unha foto con ela. Mandade a foto sacada en horizontal ao correo: bibliomistos@gmail.com  antes do 16 de maio. Coas fotos de todo o alumnado, profesorado e familias do centro crearemos un vídeo co himno galego de fondo que publicaremos no blog do cole o 17 de maio, conmemorando así a festa das Letras Galegas.

 

Todos os anos no noso centro celebramos o Reto Eu falo galego, no que durante dúas semanas nos comprometemos a falar en lingua galega. Este ano celebrarémolo dun xeito especial, sen chapa pero con bandeira.

 

Esa bandeira podedes colocala nunha ventá ou nun lugar visible, recordando que durante estas semanas te comprometes a falar en galego. Eu falo galego!  E ti? Animádevos a participar!

 

RETO 2: ÁBRESE O PANO! 

Ricardo Carvalho Calero é o escritor homenaxeado no día das letras galegas de este ano. O teatro foi unha das súas grandes paixóns. Foi espectador, escritor e tamén director de obras teatrais. O amor polas artes escénicas acompañouno toda a vida.

Nos propoñémosvos o RETO: ÁBRESE O PANO! Pensade nun conto, libro...en galego. Carazterizádevos como os seus persoaxes e preparade un dos escenario. Gravadevos en vídeo ou sacade unha foto representando unha das escenas. Mándadeo ao noso correo:  bibliomistos@gmail.com antes do16 de maio. O 17 publicaranse no blog da biblioteca os vosos vídeos ou fotos.

O 17 de maio ides poder ver a vosa foto/vídeo e a dos demais compañeiros/as e xogar a adiviñar de que conto se trata!

Por exemplo, Ábrese o pano e aparece unha familia carazterizada do lobo e os porquiños. Péchase o pano, que conto é?

Día EF en la calle

Nuestra tradicional Día de la EF en la Calle, se ha visto afectado por este coronavirus dichoso. Pero NO queremos dejar de promocionar la importación de la actividad física diaria, y de todo lo que hemos trabajado este curso en nuestras clases de Educación Física.

Gracias a todas las familias que habéis participado y ¡ÁNIMO! ¡¡que ya falta menos!!

Feliz Día do Libro

Aquí vai a nosa especial celebración deste día do libro nestes tempos tan especiais. Grazas a todas as familias por participar, sen vos non sería posible! FELIZ DÍA DO LIBRO!

  

SEGUIMOS NA CASA #EuQuedoNaCasa

Aquí vos deixamos os videos que fixemos coas vosas aportacións. Constitúen unha forte dose de orgullo e motivación. Moitísimas grazas pola participación!!! 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ola familias!

Parece que tócanos seguir na casa un pouco máis. Estamos desexando todos estar de volta o antes posible e retomar a rutina que tanto botamos de menos. Hai que pensar que o importante é estar ben! 

Este momento que estamos a pasar require por parte de todos que poñamos o mellor de nós en funcionamento. Como sabedes tratamos de continuar cunha certa "rutina" coas tarefas que publicamos para cada día na páxina web ou no entorno E-Dixgal.

Unha parte desa rutina o constitúen as notas que recibiredes o venres 3 de abril a través da aplicación de Abalar. Esas notas farán referencia exclusivamente a avaliación do traballo feito de maneira presencial ata o 13 de marzo.

Para todas aquelas familias que non teñades descargada a aplicación de abalar ou para aquelas que vós queredes poñer en contacto con nós, non dubidedes en mandarnos un correo á dirección:

ceip.victor.seoane@edu.xunta.es

ou no teléfono: 881 96 06 53

Aquí estamos para o que precisedes! 

Canción: "Pase lo que pase" Billy Boom Band

ORGANIZACIÓN DOS VINDEIROS DÍAS

A partir do luns 16 de marzo de 2020 o cole permanecerá pechado, polo que as titorías quedan suspendidas.

A partir do luns teredes tareas colgadas na paxina web nos correspondentes cursos que tedes ao marxe dereito. Os cursos de Edixgal terán o traballo a través da plataforma.

Para calqueira dúbida podedes chamar ao teléfono do centro.

Coidádevos moito e esperamos vernos pronto!

 

Admisión alumnado para o curso 2020-2021

 

Do 1 ó 23 de marzo é o prazo para de presentación das solicitudes de admisión do alumnado para o curso 2020-2021. Premer na imaxen para descargar o pdf.

ligazón descarga documentos admisión ligazón descarga documentos admisión
Información Solicitude

 Para descargar, premer nas iconas.

DIAS NON LECTIVOS CURSO 2019/2020

Ao amparo do disposto no artigo 7.2 da Orde do 20 de xuño de 2019 (DOG nº 122 do 28 de xuño) pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2019/20, autorízanse como NON LECTIVOS os días 20 de marzo e 04 de maio de 2020.

Distribuir contido

logo conselleria

ligazón abalar

  ligazón edixgal

    ligazón eva

          bibliotecas escolares

      

  ligazón programa tei

  FSE